Noticias de Hoy
0009949263_10
Localidad: Ourense
Fecha: 03/11/2017
Horario: 22:00

Concierto The Lazy Faithfull + O Manipulador en Ourense

Concierto The Lazy Faithfull + O Manipulador en Ourense

The Lazy Faithful beben da psicodelia e do garaxe dos 60's, melodías atmosféricas e rifs potentes que nos lembran a The Kinks ou The Seeds. En The Lazy Faithful hai ritmos progresivos e solos elaborados, cancións e transicións máis longas que crean unha atmosfera única.
Despois de conquistar a público e prensa en Portugal e Galicia co seu último disco "Bringer of a Good Time" editado o pasado 31 de marzo! The Lazy Faithful parte á conquista de Europa, nunha xira dun mes, que pasa por España, Francia, Bélxica, Italia e Portugal!O Manipulador xurdiu da decisión tomada por Manuel Molarinho, en 2010, de facer un proxecto musical só e de forma absolutamente independente. No estudo, é unha "One Man Band" experimental de baixo, pedais, loop station e voz que, musicalmente, é a expresión dunha identidade influenciada pola estética dalgunhas bandas de rock alternativo e a ética do "do it yourself".