Noticias de Hoy
bule bule D
Localidad: Ourense
Fecha: 18/11/2017
Horario: 18:00

Concierto presentación Bule Bule en Ourense

Concierto presentación Bule Bule en Ourense

Paco Nogueiras presenta en Ourense Radio BULEBULE,  o seu novo traballo logo do  "Brinca vai!" (III Premio Martín Códax da Música - Infantil) que deu lugar a varios espectáculos cos que o compositor e intérprete percorreu festivais, escenarios e escolas de toda Galicia.

O medio radiofónico inspira as 12 cancións deste novo libro-disco. Os temas dispóñense ao xeito da grella de programación dunha peculiar emisora na que non faltan sintonía de entrada, axenda cultural, magazine de variedades -tendencias, ciencia, natureza...- , música, faladoiro, noticias, información deportiva e previsión meteorolóxica. Inspirado nas ondas herztianas, entre as cancións tamén están presentes as transicións, os indicativos, os sinais horarios e outros elementos sonoros propios deste versátil medio xornalístico.

Fiel á frescura do seu estilo e á súa conexión co público infantil, o autor coida as letras das composicións e as melodías, que destacan polos ritmos modernos, pegadizos e bailables, invitando á participación do público. O colorido e a expresividade volven ser as marcas de identidade visual.

 

 

radio bule bule