Concierto IGMIG Ai que tio en Café Cultural Auriense
Trío musical que condensa a práctica heteroxénea dos seus compoñentes para realizar unha música ecléctica, fresca e totalmente inclasificable.
Formado por Mig Seoane (voz e guitarra), Nacho Muñoz (voz e teclados) e Suso Feixón (batería), tres músicos de longa traxectoria en varios estilos musicais, que se unen nunha proposta que combina postpunk, funk, rock progresivo, electro, techno... aínda que tamén introducen elementos da música clásica do sXX coma o serialismo e a improvisación. As letras lembran o dadaísmo e utilizan a prosodia da voz coma elemento compositivo.
A posta en escea é moi teatral e tremendamente eufórica. O seu directo é toda unha experiencia musical rebosante de enerxía, onde se fusionan todo tipo de estilos musicais, divertidas performances e grandes dosis de interacción co público.