Noticias de Hoy
Localidad: Ourense
Fecha: 15/09/2016
Horario: 23:00

Concierto de Rosa Cedrón con Emilio Rúa, en Ourense

Concierto de Rosa Cedrón con Emilio Rúa, en Ourense.

Rosa Cedrón

Despois dun longo silencio trala publicación de Entre dous mares, Rosa retorna con Nada que perder. Nel experimenta cos lindes da World music sen clisés nin estereotipos que a deteñan, logrando un disco cheo de luz onde as súas propias composicións son a mellor mostra da atmósfera persoalísima que só Rosa pode cegar a crear.

Emilio Rúa

Unha voz fantástica e cancións cheas de sentimento danlle un estilo persoal moi característico, que tan axiña che fai asomar una bágoa como che fai unirte á festa e aplaudir con entusiasmo.

Actualmente está de promoción co seu 5º disco, “Destino Sur” (producido por Emilio Rúa e Segundo Grandío), traballo no que o son camiña cara o folk americano co que Emilio atopa ligazóns coa música galega. Hai cancións propias e versións de temas como “La chica de Ayer” de Antonio Vega (A Moza de onte) ou “Somewhere over the Rainbow” do filme El Mago de Oz.