Noticias de Hoy
2naFronteira
Localidad: Ourense
Fecha: 02/01/2016 a 03/01/2016

Concierto de 2naFronteira en Ourense

Doble concierto de 2naFronteira en Ourense.

Concierto en la Capilla de Santa Mariña el día 2 de enero de 2016 a las 19:00h.
Concierto en San Pedro de Cudeiro el día 3 de enero de 2016 a las 19:00h.

Estrea do novo disco de 2naFronteira, baixo o título de Sons de Nós, poemas de Eduardo Blanco Amor, Otero Pedrayo, Xosé Velo ou Francisca Herrera -entre outros- son musicados por este dúo afincado no Morrazo e formado por Carmen Penim e Maurizio Polsinelli.

A cantante arraiana do Couto Mixto (Ourense) e moañesa de adopción, escribe poesía, narrativa e cancións dende que tén memoria. No 2008 pon en pé xunto co pianista romano Maurizio Polsinelli o dúo 2naFronteira, que da concertos en Italia, España e Galicia. Teñen publicados tres discos xuntos. Colaboran habitualmente con institucións e concellos. No 2014 deron máis de 15 concertos en auditorios e outros espazos culturais.

Maurizio Polsinelli procede do mundo do piano clásico e da canción de autor italiana (Progetto Pane). Ambos estudaron filoloxía, de onde lles vén o amor pola palabra e os textos.