Concerto Raiba en Café Cultural Auriense
A banda procurou transgredir moldes dende o comezo. Así o primeiro que gravaron foi un tema e un vídeo titulado, "FOGAR", no que colaboraron unha vintena de vocalistas de toda Galiza, entre eles, Yosi (Los Suaves), Cody (Kannon), Chechu (Aphonnic), Xurxo Souto (Os tres trebóns), Vituco (Ruxe Ruxe), Tonhito de Poi (Heredeiros da Crus), Martinho (Machina), entre outros. Todos eles participaron tamén no videoclip.
O primeiro album de RAIBA e foi o LP "Por Vivir", producido por Javier Abreu (Boikot, Sugarless,…) e masterizado en Finlandia co recoñecido Mika Jussila (Deep Purple, Children Of Boddon,…).