Noticias de Hoy
Concerto monte vivo D
Localidad: Ourense
Fecha: 04/11/2017
Horario: 21:00

Concerto expansivo por un monte vivo en Ourense

Concerto expansivo por un monte vivo en Ourense

Este Sábado CONCERTO EXPANSIVO POR UN MONTE VIVO!

O sonoro maxín:

O Sonoro Maxín naceu no verán de 2007, a partir do reencontro de vellos amigos e coñecidos da música galega que formaban parte de proxectos diferentes como Lamatumbá, Cinnamon, Gum, Mutenrohi e The Pigmalions. Estreáronse en Ourense, a súa cidade natal, o 20 de decembro. A partir dese debut, percorren toda a xeografía galega con incursións en Catalunya, Euzkadi, Portugal, etc compartindo escenario, en moitos deles, con músicos admirados como Manu Chao & Radio Bemba Sound System, Shantel & Bucovina Club Orkestra, Los Delinqüentes, La Troba Kung-Fu, Tonino Carotone, etc etc

 

The Tetas' Van:

Chegou a revolución en feminino!!! The Tetas´ Van somos un grupo de chicas na súa maioría (ainda que contamos con marabillosos músicos chicos nos nosos cabaréts) que pretende revolucionar as salas de concertos coas súas músicas.

Ainda que somos especialistas en versións o noso obxectivo é o de divertir transmitindo, reivindicando e loitando contra as inxustizas que nos tocan a todas, a través da nosa língua galega. Pretendemos ser tamén a voz de todas aquelas que desexen que cantemos os seus poemas, textos ou melodías e por iso contamos ca colaboración de poetisas que nos regalan as súas verbas encantadas.

The Tetas´ Van somos artistas e malabaristas xa que combinamos a nosa vida de profes, estudiantes, nais, irmás, tías e amigas ca de músicas que buscan a diversión e a felicidade a través das notas.


Blues do País:

Blues do País son Bieitta James, la grande Diva Rural, y Pepe King, el “Bluesmanciño”. Y hacen Blues, en gallego, con extra de retranca, recetas propias o prestadas. Tripas y feeling, ¡no hay nada que sea más de la casa!

Su reinterpretación de clásicos como Sitting on the dock of the bay (Sentadiña no pantalán), I just want to make love to you (Mirarche o cu), Killing me softly (Matasme despacio) o Mercedes Benz (Chimpín) no deja a nadie indiferente. Ellos muestran que es posible hacer blues en el idioma del país. Extraer el soul de los cultivos de maíz, como se hizo en tiempos pasados en los campos de algodón en el otro lado del charco.

 

Ménage à trois grupo:

“Los anigos de lo ajeno” é o novo espectáculo da banda galega, Menage a Trois, un proxecto co que pretenden mostrar ao público a visión máis festeira dos grupos que e canción que influiron na historia da banda. O xogo musical mistura sons procedentes do gipsy, o swing ou a rumba, con outros aparentemente incompatibles como o rock: o resultado é un novo son único e espectacular que Menage a Trois bautizou como “swing rock”.

concerto monte vivo E
tetas1
blues do pais