Noticias de Hoy
concerto de nadal
Fecha: 22/12/2013
Horario: 19:00

Concerto de Nadal da “Orquestra Sinfónica de Crimea”

A Orquestra Estatal Filarmónica e Sinfónica de Crimea, que nos ofrecerá o Concerto de Nadal no Teatro Principal, foi fundada en 1937, lexislada polo consello da cidade de Yalta, capital de Crimea. Dende ese momento, a súa actividade concertística foi aumentando, influenciada por varios grandes talentos contemporáneos como Alexander Vartinsky, Claudia Schulzhenko e Lidia Ruslanova.

Foi dirixida por moitos directores de renome como Nathan Rachlin, Nikolai Golovanov, Peter Saul, Murad Kashlayev, Niyazi, entre outros. Ademais, nos últimos anos, nove membros da orquestra foron galardoados con honras de Ucraína e La República Autónoma de Crimea.

Entre os seus recoñecementos destacan: Gañadora do Concurso da Antiga Unión Soviética All- Union (1977) e Diploma Honorario da Presidencia do Consello de Ucraína (1987) e Diploma Honorario do Consello de Ministros de Ucrania (1999), os premios de carácter nacional máis importantes. Dende 2001, a Orquestra Sinfónica de Crimea é independente da Orquestra Filarmónica de Crimea e, lonxe de perder prestixio, foi acumulando máis premios e honras como o de Colectivo do ano (2001) e o seu director, Alexey Gulyanitsky, foi nomeado Cidadán do ano (2001). No 2006, o prestixioso e galardoado Viktor Ploskina converteuse no director da Orquestra e, actualmente, está dirixida por Igor Kazhdan de la Asociación de Artistas Eméritos de la República Autónoma de Crimea. Hai que destacar que a Orquestra Sinfónica de Crimea forma parte de varios proxectos de colaboración musical e que, ademais, realiza unha serie de concertos baixo o título Los Nuevos Nombres de Crimea, nos que novos talentos teñen a oportunidade de darse a coñecer ante o público.

Nos seus programas de concerto non só inclúense os grandes clásicos senón que, tamén, soan pezas de artistas ucraínos contemporáneos como Andrei Shtogarenko, Yevgeni Stankovich,Miroslav Skorik, e compositores de Crimea como Alemdar Karamanov,Edem Nalbandov, Ilyas Bakhshish, Alexander Lebedev, Mersiye Khalitova ou Elvira Emir.