Noticias de Hoy
anxo blas E
Localidad: Ourense
Fecha: 16/09/2017
Horario: 23:30

Concerto Anxo Blas en Ourense

Concerto Anxo Blas en Ourense

Cando eu tiña sobre nove anos, na Feira de Vilar de Barrio pedinlle a miña nai que me mercara unha guitarra de plástico que pendura dun posto onde había de todo. A miña nai díxome a frase que cambiaría a miña vida; “Por qué non colles unha de verdade e non esta que é de xoguete que non vale para nada?”.

O primeiro concerto  foi no 2003 o 28 de Marzo na Fundación Granell en Santiago de Compostela.

O 9 de Febreiro do 2004 gravo a maqueta”Saberis”nos estudios da Radio Galega e baixo o control de Pablo Barreiro.

O 15 de Marzo do 2005 gravo a segunda maqueta baixo a dirección de P. Copin.

A finais do 2009 aparece o que ata agora é o único disco “Euque” gravado nos estudios da Casa de Tolos.

PARAGÜEIRO TROBADOR

Pódese dicir que sempre fun trobador e nunca exercera coma tal. Antes facía música e poemas e sempre había algo na guitarra que tamén cantaba, pero era mínima a súa presenza. No ano 2015, porén, comecei a facer composicións claramente de trobador, ou -como se di agora- de cantautor. A miña intención era reunir un puñado de cancións e facerlles os arranxos correspondentes para corda. E comezar a cantar. Mais nunca se me ocorrería dar un concerto eu só coa guitarra. Ata que…

Chegou a chamada de O´Leo e quitoume da miña habitación para pórme na de todos. Comecei a dar concertos xunto a el e outros cantautores de Vigo e Santiago, e aventureime a presentar todo o material que estaba facendo.

Prefiro ser paragüeiro trobador, porque conto mentiras que falan de verdades e verdades que parece mentira que sexan certas. Como os bos paragüeiros de antano, aprendo de todos os lugares por onde ando, de todas as conversas, de todas as experiencias que me ofrece a vida para facer cancións con crítica, con retranca, musicando poemas de amor, de desamor…  

Tocar para min é unha necesidade. Igual que preciso o aire preciso a música. Cada vez que toco márchome a un mundo inventado por min, perdo a noción do tempo e do espazo. A miña música é a miña quimera, a miña utopía, o meu soño, a miña burbulla a maneira como vexo o mundo e como procuro entendelo e entenderme.

Agora estou a gozar dunha das experiencias máis fascinantes que me ofrece a vida: estar nun escenario diante túa.

 

Web: umpalumpa balambamboo

Fecha: 16-09-2017

Hora: 22:30

Local/Lugar: Umpalumpa

Localidad: Maceda