Noticias de Hoy
Do Audible 2014
Fecha: 19/06/2014
Horario: 21:00

Ciclo Do Audible 2014: Tactus con Ana Romaní

Do Audible é un ciclo de concertos promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, coa colaboración de Vertixe Sonora, que procura a normalización da escoita de música contemporánea no noso territorio.

Do Audible investiga puntos de encontro entre a música, a ciencia, a arte e o pensamento, que faciliten o achegamento do público non especializado e a conquista dunha percepción musical máis consciente. Proporciona en cada concerto unha experiencia singular e reveladora que devolve a escoita ao seu lugar, como acontecemento capital do entendemento humano.

En Do Audible os concertos organízanse arredor dun foco temático —o tacto, o mar, o universo e o diabólico— e interactúan coa palabra cómplice de relevantes personalidades do mundo da cultura, que achegan informacións e perspectivas de interpretación da música esclarecedoras para os oíntes.

Do Audible descobre a paisaxe sonora da literatura musical dos últimos decenios, rastrexa as interaccións ocultas entre diferentes disciplinas ao longo da historia e explica as claves da creación musical de todos os tempos. Aviva a nosa imaxinación, esperta a sensibilidade de públicos novos, procura acadar, na comuñón da emoción e da intelixencia, unha experiencia artística transcendente.

PROGRAMA DE CONCERTOS DO Ciclo Do Audible 2014

Xoves 19 de xuño ás 20.00 horas - Sala multiúsos do campus de Ourense 
Tactus con Ana Romaní (poeta) e trasPediante Danza coa colaboración da Aula de Acordeón do Conservatorio Profesional de Ourense, coordinada por Celia Adrián.

Web: www.vertixesonora.net