Chano Domínguez - piano
Horacio Fumeiro - contrabaixo
David Xirgu - batería
O primeiro contacto de Chano Domínguez coa música débese á grande afección de seu pai polo flamenco. A finais dos 70 formou un grupo de rock andaluz, chamado Cai, que se movía na onda do rock sinfónico e o jazz fusión. Durante a década dos 80, Chano desenvolveu o seu traballo en pequenos locais e foi evolucionando cara ao jazz.
É actualmente o músico de maior fama por mesturar a tradición flamenca co jazz. Os seus primeiros traballos como pianista de jazz-flamenco, foron publicados pola discográfica madrileña Nuba Records. Logo editou numerosos discos e colaborou con músicos e cantantes en España e outros países: Javier Colina, Guillermo MC Gill, Michel Camilo...