A Coral De Ruada organiza -co patrocinio da Concellería de Cultura, do Concello de Ourense e coa colaboración do teatro Principal- o VIII CERTAME DE RUADA 2014 dentro da programación das Festas do Corpus de Ourense 2014. O programa deste VIII Certame é o seguinte:
Venres, día 13 de xuño de 2014, no Teatro Principal, ás 20,30 horas: Concerto dos Amigos da Coral De Ruada.
Sábado, día 21 de xuño de 2014, no Teatro Principal, ás 20,30 horas: Coral Polifónico Cantate Iubilo (Barrô – Águeda - Portugal) , Cántigas da Terra (A Coruña) e Real Coro Toxos e Froles (Ferrol).
Domingo, día 22 de xuño de 2014, na Igrexa do Mosteiro de Oseira, ás 13,00 horas: Misa cantada pola Coral De Ruada. Despois, na Carballeira de Oseira, a partir das 14,00 horas, Xantar e Romaría dos Amigos da Coral De Ruada.
Domingo, día 29 de xuño de 2014, na Praza Maior, ás 22,00 horas : OS MELIDAOS e Coral De Ruada.
Web: www.coralderuada.com