Serie de 10 reproduccións de paredes urbanas do mesmo Berlin.
A exposición, a primeira do artista, é o froito dun ano de traballo de Marcos Covelo, que comezou sacando imaxes coa cámara fotográfica do móbil, continuou coa toma de apuntes e rematou coa reproducción dos graffitis con ladrillos de miniatura.
A mostra está comisariada por Nono Bandera, artista e docente da Universidade de Vigo.