Casa O'Rei - Ibuprofeno Teatro en Ourense
Duración: 90m, a partir de 16 anos
Este texto propón un xogo escénico e dramatúrxico a partir de "O Rei Lear" de Shakespeare, ambientado nunha típica casa de comidas galega.
Manolo Rei, vello e enfermo, prepara un cocido e reúne a familia. A comida sempre é unha escusa. Desta vez para repartir a Casa entre as súas tres fillas. Pero o cocido sáelle cargado de traizón e desprezo, intragable polo amargor dun mundo novo, acedo e descoñecido, que trae do estranxeiro unha morte preconxelada e adobiada con fel. O tempo, o destino e o Burger King son implacables coa sorte dos mortais que non saben seleccionar os ingredientes axeitados para elaborar as receitas da súa vida.
Elenco
Miguel Borines, Victoria Teijeiro, Marián Bañobre, Teté García, Víctor Mosqueira, Xosé M. Esperante
Autor, dirección: Santiago Cortegoso
Música: Caxade