Carnaval de Maceda 2020. Programa completo.
O Entroido xa está entre nós, e en Maceda presumimos de elo. Festa Declarada de Interese Turístico de Galicia contan co seguinte programa:
- 04 de xaneiro, sábado, Festa de Inicio do Entroido.
- Do 14 o 16 de febreiro, Pinchos de Entroido.
- 14 de febreiro cena de entroideiras no Lar dos Felos.
- 15 de febreiro, sábado a partir das 21h. Fiadeiro en Carguizoi.
- 16 de febreiro, domingo, Tarde de Bolouros na praza Cervantes a partir das 17h.
- 21 de febreiro, venres ás 20h. na Praza das Toldas Festa de Comadres.
- 22 e 23 de febreiro, sábado e domingo de Entroido saíndo ás 9:30 h. Antigo Matadoiro e percorrendo os Felos os pobos da Serra.
- 22 de febreiro, sábado, ás 19:30h. a baixada da Marela dende o Toural polas rúas da vila ca animación da Charanga BCB e Charanga Zes Pereiras de Amarante, ás 20:30h charanga BCB polas rúas e bares de Maceda para terminar as 00:00 h coa Marelada coa Charanga "Los Fugitivos"
- 24 de febreiro, luns de Entroido teremos Festa Infantil a partires das 17 h no Pavillón de Deportes con inchables e Desfile infantil
- 25 de febreiro, o martes de Entroido Desfile de Felos, Carrozas e Comparsas, dende ás 18:00 h desfile de disfraces con saída dende a rúa das Canteiras. Ás 21 h entrega de premios do desfile de disfraces, individuais e grupos ata cinco participantes (1º 125 €, 2º 75 €, 3º 50 €) Grupos de máis de 6 participantes (1º 175 €, 2º 120 €, 3º 90 €) e Carrozas (1º 250 €, 2º 175 €, 3º 125 €).
- 26 de febreiro, mércores de cinsa e como despedida, o Enterro do Entroido ás 20 h. na praza das Toldas.
Carnavales de interés en la provincia de Ourense
Ourense - ¡Programa próximamente aquí!
Xinzo de Limia - ¡Programa completo aquí!
Verín - ¡Programa completo aquí!
Laza - ¡Programa completo aquí!