Noticias de Hoy
Car Outlet Ourense 2016
Localidad: Ourense
Fecha: 10/05/2019 a 12/05/2019
Horario: 01:00 a 01:00

Car Outlet Ourense 2019

Car Outlet Ourense 2019.

  • Celebrarase no recinto ferial entre o 10 e o 12 de maio e participarán 16 concesionarios asociados

Expourense e a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense (A.C.A.U.T.O.) organizan unha nova edición, a segunda, do Car Outlet de Ourense que se celebrará no recinto feiral na fin de semana do 10 ó 12 de maio de 2019. As dúas entidades reforzan así a súa colaboración para organizar un evento a maiores do xa tradicional Salón do Automóbil (Novo e de Ocasión) que se celebrará no mes de outubro.

Un total de 21 marcas estarán representadas a través dos 16 concesionarios acollidos a A.C.A.U.T.O. que participarán como expositores neste 2º Car Outel Ourense. Trátase dunha cita vencellada a un dos sectores comerciais de maior peso na nosa contorna, o da automoción, no que se reunirán máis de 300 coches con ofertas moi especiais.

Á hora de mercar un vehículo destas características, dende A.C.A.U.T.O. recomendan acudir a profesionais, xa que estes ofrecen unas garantías inexistentes nas transaccións entre particulares. A Lei esixe un ano de garantía total, sendo moitas as empresas que extenden esa garantía ata dous anos, ou máis, no caso dos coches seminovos. Outra vantaxe é a xestión da documentación do proceso de compra-venda, da que se encarga a empresa.

A oferta presentada neste salón será ampla puidendo atoparse vehículos kilómetro cero, seminovos, de xerencia e segunda man, de entre 1 e 6 anos, e tamén gran variedade do “vehículo tipo” neste tipo de citas outlet: un coche que ronda os 13.000 euros e que conta con ata cinco anos de antigüidade (segundo datos da Federación de Asociacións de Concesionarios, F.A.C.O.N.A.U.T.O. Os datos indican que en Galicia por cada coche novo véndense dous de ocasión, incluíndo tamén as compras entre particulares. Isto provoca que haxa cada vez maior demanda e menor oferta, polo que acudir a este salón se converte nunha boa oportunidade para os que anden a busca dun vehículo deste tipo. Dende FACONAUTO prevén un repunte das vendas de vehículos usados no ano 2019, chegando a superar os 2 millóns de unidades.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635