Noticias de Hoy
SonRias2013
Fecha: 20/07/2013
Horario: 00:30

Beach party SonRías 2013

O Pub Principal do Carballiño acolle mañá venres a Beach Party SonRías 2013 coa que o Festival dá a coñecer ao público ourensán todos os detalles da súa XII edición, que terá lugar os días 2 e 3 de agosto en Bueu, onde o ano pasado congregou a 15.000 persoas. Unha auténtica festa praieira, na que haberá area, xente en bañador, barra libre, moita música, sorteos de camisetas, abonos e merchan do Festival... e a participación, entre outros, de integrantes de Dakidarría, unha das bandas que actuarán no Festival.

A cita é mañá venres 19 de xullo partir da medianoite na Rúa Principal do Carballiño, a 50 metros da Praza Maior. A entrada ata as tres da mañá custará 12 euros anticipada e 15 en taquilla e dará dereito a barra libre. Despois, rematará a barra libre e o acceso será libre e gratuíto.

Máis información:
#SonRías2013
Prensa | Sonia Díaz | 679965692
prensa@sonriasbaixas.info