Animais poetas con Fátima Fernández en Ourense
Con Animais poetas festexamos o Día da poesía. A través de diferentes poemas e utilizando como fío condutor algúns animais enlazaremos poemas de temáticas diversas.
Un obradoiro no que fusionaremos poesía visual, xogos de palabras, caligramas, narración e música para conseguir unha proposta poética lúdica.
Para rapaces de 6 a 12 anos. Prazas limitadas. Inscrición previa na sala infantil dende oluns anterior ao evento ás 12 h.