Do 26 de novembro ao 28 de febreiro a Sala de exposicións Afundación de Ourense acolle a mostra «Alicerces. Evolución urbana de Ourense do século XVI ao XX», unha magnífica oportunidade para achegármonos ás orixes da cidade e a súa historia.
Coñece todos os recunchos e misterios da cidade auriense con esta exposición que nos achega o Museo Arqueolóxico Provincial tras unha exhaustiva investigación acerca da cidade de Ourense e a súa contorna máis inmediata.