Concesionarios da provincia de Ourense pertencentes á Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O., participarán como expositores no 13º Salón do Automóbil que se celebrará durante dúas fines de semana seguidas en Expourense.
Será a fin de semana do 14 ao 16 outubro terá lugar o Salón do Vehículo Novo, e dende o 21 ó 23 de outubro o do Vehículo de Ocasión. Trátase de dúas citas vencelladas cun dos sectores comerciais de maior peso na provincia de Ourense, o da automoción, e que está organizado de forma conxunta entre Expourense e A.C.A.U.T.O.