Contacontos: Olalla González e Marc Taeger en Ourense

Fecha 16-12-2017
Hora 12:15
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Contacontos: Olalla González e Marc Taeger en Ourense

A libraría Zampacontos de Ourense (Rúa Santo Domingo, Galerías Sol) acolle este sábado, a partir das 12:15 horas, a presentación de “Un máis”, o novo álbum ilustrado de Olalla González e Marc Taeger, publicado por KALANDRAKA e dirixido a primeiros lectores. Trátase dunha emocionante historia protagonizada por unha familia que vai medrar coa chegada dun bebé.

Olalla González e Marc Taeger ofrecerán unha sesión de contacontos mesturando narración e ilustración en directo, non só de “Un máis” como principal novidade, senón tamén doutras obras da súa autoría. Ao remate da actividade asinarán exemplares.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×