Noticias de Hoy
Manifesto
Fecha: 06/12/2013
Horario: 20:00 a 20:00

Manifesto de Martín Varela

MANIFESTO nace coa idea de crear a máis chamativa e orixinal proposta vista en Galicia desde hai tempo... Nace coa idea de ser algo máis que un espectáculo, é unha viaxe a través da imaxinación dos espectadores, onde todos os seus soños se poden facer realidade. Intenta ser un espectáculo rompedor con respecto do concepto que o público ten sobre a maxia. De todos modos, a maxia é só un elemento de unión entre Martín Varela e o espectador, onde o propio mago se transformará en showman.

O venres 6 de decembro actuará na cidade de Vilagarcía ás 20:00h.

O título de Manifesto foi elexido porque este espectáculo ten como obxectivo que Martín Varela poida, en esencia, compartir co público a súa visión da maxia, da beleza e da arte. Calquera espectador que chegue a este espectáculo pensando nunha representación de maxia convencional, verase sorprendido por un espectáculo totalmente fresco, rompedor e sorprendente.

Nel hai unha moi ampla variedade de efectos máxicos, todos eles de gran formato, polo tanto, pouco vistos en todo o país. Ademais, unha gran parte deles son efectos orixinais, creados expresamente para este espectáculo. Todos eles están rodeados dun gran despliegue técnico, de imaxe, iluminación e son.

Un persoal de 10 persoas, máis de 20 cabezas móbiles, pirotecnia, efectos especiais, son e escenografía... Martín Varela sempre intenta coidar todos os detalles en escena. Todo espectador vivirá unha experiencia única, desde que entra no teatro ata que volta á súa casa.

A continuación, parte dos efectos que se poderán ver en Manifesto, un dos espectáculos de maxia máis grandes de toda a península:

APARICIÓN DUNHA SEREA • VOAR • UN ESPECTADOR DESAPARECENDO • NUBES LEVITANDO • TORMENTA DE NEVE E BURBULLAS EN TODO O TEATRO • ROBOT • 14 ESPADAS A TRAVÉS DUNHA RAPAZA • APARICIÓNS E DESAPARICIÓNS ENTRE O PÚBLICO • GRANDES ILUSIÓNS ORIXINAIS

Web: www.galishow.com

Martin Varela