Noticias de Hoy
auditorio-gustavo-freire-lugo

Programación teatral Gustavo Freire 2024

La programación teatral volverá a ser protagonista en el Auditorio Municipal durante el resto del 2024. En total son 14 propuestas, para distintos públicos, con actuaciones de grupos de teatro de reconocida calidad que consiguieron distintos premios. Esta programación está pensada para lo deleite de las amantes del teatro y para facilitar un acercamiento a este arte por primera vez.

 

Programación teatral en el Gustavo Freire 2024

  • 20 de outubro. 17h e 18.30h.

“A trompa non só é cousa de elefantes” de Catro Cores.
Catro cores é o único cuarteto de trompas de Galicia. Catro músicas preséntannos un espectáculo musical e teatral para a primeira infancia, onde aprender e descubrir pouco a pouco a forma e a sonoridade dun instrumento musical: a trompa. As partes deste instrumento encóntranse agochadas polo escenario e as instrumentistas terán que atopalas para poder facer música con el. Finalmente construirán a trompa e con ela xogarán coas cores e melodías de diferentes pezas musicais nun concerto que estimula o sentido da vista e do ouvido , onde a trompa será a canle para crear diferentes ambientes e movementos inspirados en animais como un paxaro, un felino, o mundo oceánico e como non… un elefante!
Duración: 30 min. Idade recomendada: De 1 a 6 anos. Espectáculo para primeira infancia.

  • 24 de outubro. 20.30h.

“Terceiro acto” do Centro Dramático Galego.
Unha troupe de actrices e actores veteranos reúnese clandestinamente pola noite para emprenderen a que quizais sexa a súa última aventura xuntos. Nesta noite revivirán o que non volverá para entender, para modificar, para se reconciliaren co que xa non está, ao tempo que reflexionan sobre o terceiro acto das súas vidas. Xuntos, analizarán o seu legado e proxectaranse tamén no futuro incerto para falar sobre a vellez, a morte, os seus anhelos e desexos para esta nova etapa da vida. Terceiro acto é unha peza á vez cómica, sombría e fermosa. Un poema escénico sobre a memoria e os soños; un exorcismo, unha celebración da vida e do teatro...
Duración: 90 minutos.
Idade recomendada: A partir dos 14 anos.

 

  • 27 de outubro. 18.30h.

“Bule bule” de Os Náufragos Teatro. Familiar.
Un espectáculo de Os Náufragos teatro sobre a presenza da muller no mar, a diversidade e o TDAH (Trastorno de Déficit de Atención con Hiperactividade). A Candela encántalle o mar e soña con ser patrona dun barco, que quere construir ela mesma. Ser patrona non é unha tarefa doada... e construir un barco tampouco. A Candela gústalle moito pasar tempo co seu amigo Bruno, que vive nun faro e sinte verdadeira paixón por compoñer música. Candela, a quen chaman Bulebule, ten TDAH. Bulebule é unha obra que explora, dun xeito amable, os camiños da igualdade, destacando o esforzo das mulleres por derribar as barreiras que lles impiden acceder a determinadas profesións.
Surcando os mares das aspiracións de Candela, a obra mostra a súa ilusión e o seu tesón por alcanzar os seus soños, pese ás dificultades que, como grandes ondas, impónlle unha sociedade que non sempre entende a súa incansable enerxía
Duración: 40 minutos.
Idade recomendada: A partir dos 4 anos.

 

  • 31 de outubro. 20.30h.

“MVCA” de Loia Produccións. Adulto.
Esta peza pretende amosar a vida desas mulleres que, dentro do contexto complexo que lles tocou vivir, conseguiron ter certa autonomía e incluso chegar a gañar máis que os homes en anos nos que isto era inaudito: As costureiras. Cómo reaccionou a sociedade ante este feito?
Poñemos o foco en diferentes costureiras da Comarca da Ulloa, abordando o cooperativismo e a soidade, a costura como traballo e/ou expresión artística, a memoria e a industria téxtil…
Elas creaban en harmonía co medio, remendando; tratando de compoñer traxes cos restos de teas, artellando da mellor maneira que podían co pouco que había, na contra da nosa actual cultura do usar e tirar.
Elas comportan parte do noso patrimonio cultural.
Vai por elas .
Duración: 60 minutos.
Idade recomendada: A partir dos 14 anos.

 

  • 3 de novembro. 17h e 18.30h.

“Sotobosque, la vida bajo los árboles” de Cía Inspira teatre.
O bosque é un lugar marabilloso onde podemos explorar e xogar cos nosos amigos e amigas, que poden ser plantas, árbores ou incluso animais. Todos teñen moitas sorpresas que ofrecernos. Os tesouros que este mundo encantado compartirá con nós non teñen fin se nos abrimos a escoitar, observar, ulir e sentir a maxia do bosque vivo. SOTOBOSQUE é un espectáculo musical, visual e con movmento dirixido á primeira infancia.
Duración: 35 minutos + 10 minutos de interacción.
Idade recomendada: Dos 3 aos 5 anos. Espectáculo para primeira infancia.
Premio FETEN 2023 ao mellor espectáculo para a pequena infancia.
Candidato aos Premios Max 2023 (Mellor espectáculo infantil, xuvenil ou familiar).
Premio MOSTRA IGUALADA 2023 ao mellor espectáculo para a pequena infancia.
Proxecto Gañador beca BCN CREA 2022.

 

  • 7 de novembro. 20.30h. Adulto.

“Abra de cabra” de Lila teatro.
Esta é a viaxe iniciática dunha Cabra Montesa chegada ao mundo nun remoto e inhóspito lugar. Un día decide emprender unha longa viaxe na procura dunha vida máis próspera e amable, unha ousadía que tornará nunha Odisea digna de calquera heroína mitolóxica.
A pesar de todos os malogrados intentos de convivencia pacífica coa raza humana, a protagonista non é quen de se entenderse coa nova veciñanza de dúas patas.
Despois de experimentar unha morea de extravagantes aventuras, algún alborozo e moitos pesares, se plantexa regresar de novo á ABRA, o abeiro da Cabra, á simple vida montesa para a que quizáis foi concibida.
Duración: 65 minutos.
Idade recomendada: A partir dos 14 anos.

 

  • 10 de novembro. 18.30h. Familiar.

“A Teteira de Kabul” de Xarope Tulú.
A Teteira de Kabul é un espectáculo de monicreques dirixido ao público familiar baseado no conto homónimo de Carolina Pujados. A súa protagonista, Mina, é unha nena afgá que ten que abandonar o seu fogar como consecuencia da guerra. Ela e a súa familia emprenden unha longa viaxe na que a pesar das duras condicións irá descubrindo a beleza do tránsito grazas ás historias que lle conta súa nai e que ela garda nunha teteira.
Esta nova proposta de Xarope Tulú, en coprodución coa ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz, fala das vivencias das persoas que se ven na obriga de abandonar o seu fogar a través da súa protagonista, un personaxe inspirado na vida da escritora afgá Nadia Ghulam. A poética dos monicreques permite viaxar a outros lugares e contar a historia desde unha perspectiva construtiva e alentadora.
A Teteira de Kabul foi finalista nos Premios María Casares 2024 na categoría de monicreques.
Duración: 45 minutos.
Idade recomendada: Dos 6 aos 12 anos.

 

  • 14 de novembro. 20.30h. Adulto.

“El testamento” de Zum zum teatre.
Quedan convocados para a apertura deste peculiar testamento en vida e vital; de recordos,
raíces e identidades universais. Campo, barrio e mapa do tesouro.
Un home que adora os musicais canta desafinado cun ollo de cristal.
Compromiso pola sinxeleza e pola verdade, verdade da boa, a verdade do teatro.
Quen queira herdar que salve o mundo.
Sexan benvidos.
Duración: 60 min.
Idade recomendada: A partir de 14 anos.
Premio FETEN 2023 á mellor dirección.
Premio DRAC D’OR 2023 Jurado de las Autonomías.
Premio DRAC D’OR 2023 á mellor dramaturxia.

 

  • 17 de novembro. 18.30h. Familiar.

“A Libraría Máxica” de Inventi Teatro.
Atención donas e cabaleiros chega a súa vila a libraría máxica. Nela, dous simpáticos libreiros interpretados por Bea Campos e Marcos Alonso ofreceranlle o libro perfecto grazas a súa capacidade de atopar o conto necesario para cada persoa e ocasión! A libraría máxica é o un espectáculo de Inventi Teatro para toda a familia, unha divertida peza teatral que rinde homenaxe ao pequeno comercio, as tendas de barrio, e que achega aos nenos e nenas o amor pola literatura e a lingua galega.
Duración: 45 minutos.
Idade recomendada: A partir dos 4 anos.

 

  • 21 de novembro. 20.30h. Adulto.

“Hellen Keller, a muller marabilla” de Chévere.
Todo comeza ao descubrir unha muller, totalmente descoñecida para nós, chamada Helen Keller. Nacida en Tuscumbia (Alabama), convértese nunha celebridade mundial ao ser, segundo as fontes oficiais, a primeira persoa xordocega en obter un título universitario en 1904 en Harvard, despois dun duro proceso de aprendizaxe desde os oito anos. Polo menos esta é a parte da súa vida que fica na memoria colectiva, como un exemplo de superación da discapacidade. Pero ao investigar en varios arquivos dixitais norteamericanos imos descubrindo outras facetas desconcertantes da súa vida, que son sistematicamente ocultadas. E o máis sorpredente, nos últimos anos espállase polas redes sociais unha campaña que afirma que Helen Keller é un fake, incluíndo unha petición en charge.org para eliminala da historia.
Isto provoca a nosa curiosidade. Por que se oculta parte da súa vida? A quen lle interesa facelo? Por que queren eliminala da historia? Porque é unha muller, xorda e cega? Porque non se acepta que unha das persoas máis famosas do século XX en EE.UU. sexa comunista? Porque unha muller con discapacidade non se pode converter nunha líder anticapitalista?
Son preguntas que tratan sobre a posibilidade da rebeldía e a disidencia na nosa sociedade. Sobre a posibilidade de ser considerada unha muller marabillosa e ao mesmo tempo poder vivir simplemente como unha muller independente e autónoma. Sobre a posibilidade de aceptar que sexa unha muller xorda quen rache os silencios sociais ou que sexa unha muller cega quen abra os ollos da sociedade diante da inxustiza que nos rodea. Alén diso resoa a posibilidade da utopía entendida como unha función da nosa memoria. Pode Helen Keller devolverlle os soños a Greta Thunberg?
Este tamén é un traballo que cuestiona a in-comunicación entre persoas oíntes e non oíntes, explorando as posibilidades de compartir unha conversa aberta no escenario, como unha silenciosa reivindicación da importancia das linguas minorizadas, do seu uso público e do seu encontro. Por iso integramos na mesma obra a lingua falada en galego e a lingua de signos.
Duración: 90 minutos.
Idade recomendada: A partir de 14 anos.
Premio Xiria 2024 á labor teatral da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas – MITCFC.

 

  • 22 de novembro. 20.30h. Danza.

“Non é unha canción” de Souvenir.
David e María vestidas para ir de vacacións, preséntannos o espectáculo que imos ver.
Non é unha canción, pero é algo parecido. Algo pasa entre elas, pero non é posible entender o que. Non é pasalo ben, nin pasalo mal, pero é algo parecido. Algo raro súcedelle ao espazo ou é o espazo qeun lle fai algo raro a David e María? Non é un espectáculo, pero é algo semellante.
Souvenir é unha compañía galega de teatro contemporáneo e artes do movemento dirixida por David Alonso e María de las Llanderas.
A súa primeira peza ‘O que é o raio nin maldita idea" foi premiada no V Festival Piezas de un Teatro del Porvenir, Galicia + Portugal (2022) organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). En xaneiro do 2024 estrean o seu novo espectáculo ‘Non é unha canción’. Neste traballo, Souvenir explora o universo do turismo de masas e a intelixencia artificial a través do seu particular humor ácido e absurdo.
Duración: 75 minutos.
Idade recomendada: A partir dos 16 anos.

 

  • 24 de novembro. 18.30h. Familiar.

“Entrecajas” de Teatro Paraiso.
Entrecajas é un espectáculo que suxire que o mundo é unha gran caixa na que vivir grandes aventuras, como a escena foi para Teatro Paraíso durante os seus 45 anos de traxectoria. Este espectáculo convídanos a desfrutar do xogo, a superar as dificultades en compañía e a imaxinar que xunto a outros seres humanos é posible alcanzar calquera soño.
Unha historia chea de humor, na que dous amigos que viven nunhas caixas imaxinan viaxes a lugares ensoñadores, coa súa sorprendente creatividade. A súa vida transcorre entre o xogo, a convivencia, as pelexas cotiás e as reconciliacións. Xuntos atoparán o camiño de regreso ao lugar no que un día foron felices ao descubrir que lles quedou o máis valioso: a súa amizade e a súa capacidade de imaxinar.
Un clásico do teatro familiar na dramaturxia europea contemporánea que foi tamén unha metáfora do proxecto artístico de Teatro Paraíso.
Duración: 60 minutos.
Idade recomendada: A partir dos 3 anos.

 

  • 28 de novembro. 20.30h. Adulto.

“As Mapoulas” de Laboratorio escénico.
As Mapoulas. Mulleres libres de Monte Alto / As Atochas. Casas refuxio.
Creación escénica multidisciplinar que mestura a dramaturxia teatral, a danza, a música, a poesía e o audiovisual. Unha viaxe dende a ficción dun caso particular, baseada nun feito histórico, ao universal.
A obra céntrase na figura histórica de Alicia Dorado, panadeira anarquista de 25 anos, e na súa casa refuxio sita na rúa do Carme nº6, na cidade da Coruña. En primeira persoa, fálanos do amor, da vida das casas refuxio, da militancia, do compromiso, das relacións coas outras compañeiras, do barrio e da liberdade nun contexto de gran represión que remata o 10 de xullo de 1937 coa súa morte e a de compañeiras e compañeiros nun asalto policial.
“Que non aparecen na historia universal, senón nas páxi nas de sucesos da prensa local. Os ninguéns, que custan menos que a bala que os mata”. E. Galeano.
Duración: 60 minutos.
Idade recomendada: A partir dos 14 anos.

 

  • 1 de decembro domingo. 17h e 18.30h. 2 pases ás 17:00 e 18:30

“Blop 2.0” de Esa Gente.
Blop é unha peza de danza contemporánea inmersiva para a primeira infancia. É unha proposta sensorial 360º que , desde a proximidade, explora o inesperado ou mesmo o inoportuno.
Aparece a protagonista e con ela algo que a cubre, unha especie de capa acuosa que fai soar todos os seus movementos e iso sí! Cando se rompe, deixa todo mollado e boca abaixo. E agora que facemos?
Blop busca dedicar atención e tempo a dúas das emocións sociais, culpa e vergoña, xusto nos anos nos que os máis pequenos comezan a sentilas na vida diaria (2 anos) até que comezan a poder explicalas ou conceptualizalas (5-6 anos).
Duración: 35 minutos.
Idade recomendada: Espectáculo para a primeira infancia.

 

  • 12 de decembro. 20.30h. Danza.

“Los perros” de LED Silhouette.
Cando o tempo deixa de ser pasado e deixa de ser futuro.
Cando o presente caésenos enriba.
E vivimos o presente coa intensidade dunha chama que arde dentro de nós,
coma dous seres que se aman e que arden no aquelarre da noite.
Dous seres que bailan para sobrevivir a este tempo convulso e cambiante.
Unha chama que arde baixo os nosos pés, nun chan que abre e pecha,
coma un gran animal que respira fondo, un animal que desexa ladrar,
que desexa berrar, que desexa correr.
Duración: 45 minutos.
Idade recomendada: A partir dos 14 anos