Noticias de Hoy
D77K0417
Localidad: Antas de Ulla
Fecha: 06/06/2014 a 30/06/2014
Horario: 01:00 a 01:00

O bargenho das Santas. Esculturas, pinturas e mobiliario

O bargenho das Santas. Esculturas, pinturas e mobiliario, de Antonio Murado, está formada por case vinte de pezas de mobiliario –nas que se aprecian, entre outras, influencias da tradición xaponesa  ou escandinava- así como outros obxectos, nos que a pintura comparte protagonismo coa funcionalidade. O artista reflicte o seu universo creativo e os temas que tradicionalmente inspiran ó artista: a paisaxe, a beleza ou a melancolía en obxectos funcionais, máis cercanos á realidade. Murado tamén destacou que outra das pezas será un biombo, “bisagra ideal entre o soporte tradicional da pintura e o obxecto moble”, tan propio de culturas orientais como a xaponesa, na que as fronteiras entre arte e artesanía están “máis difuminada”, sen esa diferenciación máis propia da tradición europea nacida do academicismo ilustrado.

En canto ás técnicas e materiais, Murado emprega, por exemplo, óleos que traballa con aire soprado para crear, formas naturais cheas de textura, como é o caso das flores que decoran as bandexas; ou as resinas de poliuretano, que emprega cun fin práctico e estético, xa que ó tempo que protexen a pintura, danlle os obxectos “un aspecto máis duro, funcional”, tal e como o define o artista.

Unha das obras máis destacadas é unha instalación de gran formato realizada en papel pintado no que se mostra unha fotografía modificada do artista. Esta é unha peza efímera, nacida exclusivamente para esta exposición e que se destruirá ó rematar a mesma, o que fai desta mostra excepcional e única.

Murado agradeceu a colaboración prestada polos artesáns do Obradoiros do Moble do Centro de Artesanía e Deseño, cos que traballou na construción dos mobles que forman parte desta exposición e cos que Murado aprendeu máis “sobre as técnicas propias do traballo tradicional da madeira, un arte perdido en moitos lugares”.

Horario de visita: de luns a venres de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas; e sábados, domingos e festivos 11:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas.

 O artista

Murado é un dos artistas máis destacados da súa xeración. Nacido en Lugo, e afincado en Nova Iorque, este lucense conta no seru currículo con exposicións en museos e galerías de arte de todo o mundo: Nova Iorque, Seattle, Berlín, Vancouver, Bruxelas, Sidney, Oporto ou Madrid, por citar algúns.

O barguenho das Santas. Esculturas, pinturas e mobiliario inaugurarase mañá ás 20:00 hroas e permanecerá aberta ó público na Capela de Santa María nos horarios habituais: de luns a venres de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas; e sábados, domingos e festivos 11:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas A entrada é completamente gratuíta.