Festival Benéfico a favor da Loita Contra o Cancro en Vilalba.
O vindeiro sábado 19 de maio, ás 20:30h no auditorio Carmen Estévez, celebrarase un Festival Benéfico a favor da Loita contra o Cancro, organizado pola Asociación de Veciños de San Cosme de Nete.
Este festival conta coas actuacións de:
Mestura de Nete, alumnos e alumnas de Antía Maseda (pandeireta e baile tradicional), Vanesa Siso (tamboril), Ángel Sendín (gaita) , Andrés Penabad (acordeón) , así como o grupo de cantos, e Cantigas e Frores, de Lugo.
As entradas xa están a venda, a un prezo único de 5€, por membros da Asociación de Veciños de Nete , na Casa da Cultura e o mesmo día da actuación a na taquilla.
A recadación íntegra tanto da venta de entradas como de donativos, entregaráselle a un representante da Asociación contra o Cancro de Lugo ao finalizar o festival.
Colabora:
Concello de Vilalba
Asociación Cultural Andrade
Escola de Acordeóns Andrés Penabad
Deputación de Lugo. Programa Musiqueando
Gráficas Neal.