Noticias de Hoy
Zumbathon D
Fecha: 01/11/2017

Zumbathón benéfico en Baiona (Pontevedra)

Zumbathón benéfico en Baiona (Pontevedra)

O Concello de Baiona colabora con un grupo de instrutores de zumba que organiza o vindeiro mércores 1 de novembro un Zumbathón Benéfico. O evento chámase “De veciño a veciño” e desenvolverase durante todo o día no Pavillón Municipal de Deportes de Baiona. Todo o recadado coas entradas, que terán un custo de 4 euros (2 euros para os menores de 7 anos), irá destinado integramente a paliar os danos producidos polos incendios forestais de hai dúas semanas.

O programa inclúe:

10h00 a 14h00 Taller de pádel 

11h00 a 13h30 Taller de breakdance e hip-hop 

16h30 Charla membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipales (GES)

17h00 Actuación do Grupo de Gaitas Atlántida de Matamá 

17h30 a 19h00 Taller de salsa

19h00 a 21h00 masterclass de zumba 

Entrada: 4€ e entrada de nenos 2€ (se aceptan d0naciones)

Ademais haberá agasallos e sorpresas.

Tamén se aceptarán doazóns, económicas (en efectivo o día do evento ou nunha conta solidaria aberta para este fin), e de produtos de primeira necesidade. Os que desexen achegar obxectos grandes (electrodomésticos, mobles, etc.), deberán deixar durante o evento o seu nome e número de teléfono para coordinar posteriormente a recollida dos mesmos no lugar que se indique.

As asociacións colaboradoras co evento, A Camoesa, San Vicente de Mañufe, A Cela de Baredo e A Unión de San Pedro da Ramallosa, serán puntos de recollida e de recepción despois do día 1 de novembro.

Membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Val Miñor ofrecerán unha charla que falarán de como previr nos nosos fogares pequenos accidentes con lumes.  

 

zumbathon E