Noticias de Hoy
cartel marta
Fecha: 03/06/2017
Horario: 13:30 a 13:30

Vermú entre libros con Marta Dacosta en Pontevedra

Vermú entre libros con Marta Dacosta en Pontevedra.

De 'Na casa da avoa' din na páxina da editorial que é unha reflexión tecida con tres fíos: o da literatura, o da historia e o da vida.

O tear en que se encontran mulleres míticas e mulleres reais, personaxes literarias e personaxes históricas, todas invisíbeis, porque se unhas son anónimas, outras, malia teren nome e coñecérmolo, foron deformadas e asimiladas.
Mulleres todas que son as nosas avoas e que nos contruíron, que nos botaron a este mundo e até nos legaron silenciosamente o desexo de rebelarnos e alzar a nosa propia voz.

Nestas páxinas hai mulleres de carne e óso, as avoas que nos foron parindo, xeración tras xeración.