Noticias de Hoy
cartel vermú
Fecha: 28/01/2017
Horario: 12:30 a 12:30

Vermú entre libros con Francisco Paradelo, Xosé R. Moxón y Miguelanxo Carvalho, en Pontevedra

Vermú entre libros con Francisco Paradelo, Xosé R. Moxón y Miguelanxo Carvalho, en Pontevedra.

O noso vermú entre libros acolle a visita de Francisco Paradelo, Xosé Manuel Moxom e Miguelanxo Carvalho (do Coletivo Pestinho) que son tres dos autores da "História da Língua em Banda Desenhada".

A História da Língua em Banda Desenhada é unha edición histórica que viu a luz hai 25 anos, en 1992, e da que se chegaram a fazer duas edicións dun total de 5.000 exemplares. A HLBD naceu en Ourense, froito da colaboración entre o Grupo Meendinho e o Frente Comixário e recolle un percorrido cheo de humor e crítico da língua da Galiza con perspetiva na sua dimensión internacional. Moitas das suas viñetas foron célebre e serviron para informar e formar a varias xeracións de galego falantes. Esta edición feita por Através Editora recolle máis cadriños e una contextualización histórica e social desta célebre banda deseñada.

Paradelo, Moxón e Carvalho estarán acompañados na conversa polo xornalista Germám Ermida.