Noticias de Hoy
ARXIL 8X4 COL AGO
Fecha: 25/08/2018
Horario: 01:00 a 01:00

Torneo Urban 3x3 Baloncesto XVII Edición

Torneo Urban 3x3 Baloncesto XVII Edición

1. ACTIVIDADES:

  • Torneo 3x3.Competición de triples (para os equipos que se inscriban nas categorías Cadete, Xunior e
    Senior).
  • Competición de tiros libres (para os equipos que se inscriban nas categorías Benxamín,
    Minibasket e Infantil).

2. HORARIOS:
O Torneo terá xornada de mañá e de tarde:

O representante de todo equipo que participe deberá presentarse na carpa
da organización de 10:00 a 10:45 h para entregar a ficha de inscripción
segundo modelo adxunto totalmente cumprimentada, comprobando que os
xogadores non poderán ser máis de 5, e certificando que son eses os que
disputarán o campionato: Entregarán as follas de autorización do uso da
imaxe (categorías inferiores…).
Comezo: Pola mañá de 11:00 a 14:00 aproximadamente. Dependendo dos
equipos inscritos. Pararemos ou non á hora da comida.
Pola tarde de 16:00 a 21:00 aproximadamente (en función de inscricións).
No caso de parar para comer farase unha parada sobre as 14:00 h. e
reanudarase a unha hora que se confirmará por megafonía ao remate da
xornada de mañá.

3. OBSEQUIOS:

  • Bebida (2 unidades mínimo).
  • Trofeo e Medalla para os campións de cada categoría + un lote de productos.
  • Trofeo e Medalla para os subcampións de cada categoría + un lote de productos.
  • Na categoría senior haberá premio económico e dependerá do número de equipos
    inscritos, nunca será superior a 500 € repartidos entre o 1º e 2º posto. A cantidade do
    mesmo comunicarase á primeira hora da mañá.
  • Trofeo e medalla para o campión de Tiros libres+ regalo.
  • Medalla para o subcampión de Tiros libres.
  • Trofeo e medalla para o campión de Triplas + regalo.
  • Medalla para o subcampión de Triplas

 

cartel