Noticias de Hoy
311644_description_espectaculo32976
Fecha: 02/02/2018 a 03/02/2018

Teatro: Procedimiento ante el vacío en O Porriño

Teatro: Procedimiento ante el vacío en Porriño

Ensalle volta á Ingrávida!

A compañía residente da sala máis antiga de Galicia, unha referencia de teatro contemporáneo e danza, volta á Ingrávida co seu último espectáculo.

Procedimientos ante el Vacío toma o seu título dunha necesidade activa, se o teatro é acción, é teatro o que nos está a facer falla. Entendemos que o estudo teórico da situación que nestes momentos atravesa o mundo non é abondo, entendemos que a verba exenta de acción perdeu a súa forza, pretendemos facer presente a acción, refugamos unha narrativa na que os acontecementos sucédanse e enténdanse aferrados únicamente á palabra evidente e dende un orde aparentemente lóxico. 

Sinopse:

Coido que é o momento de observar o comportamento do individuo e da colectividade á que chamamos sociedade ante o inesperado. Cómo se move un corpo ante o baleiro? Qué significa seu silencio? Cales son as palabras que un actor/persona/animal social pode dicir fronte á incerteza do descoñecido? Cales son os pasos desa “coreografía” que se realiza sobre un terreo tan esbaradizo?

Sí, coido que é o momento de saber con qué ferramentas contamos para abordar o baleiro, quen estamos dispostos a enchelo y cal é o contenido que preparamos.” _Pedro Fresneda.

O corpo recipiente. “Lugar impregnado de memoria, (resonancia) de tempo-espazo, guardián de rastros, tránsitos; depósito de esencias e ausencias que operan segredamente nun proceso alquímico que mestura, funde e combina, cifrando imaxes potenciais e novos xermes que brotarán de forma ainda impredecible.” _Mónica Valenciano.