Semana Galega de Filosofía 2019 en Pontevedra

Fecha 22-04-2019 a 26-04-2019
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Semana Galega de Filosofía 2019 en Pontevedra.

As fronteiras a debate na XXXVI Semana Galega de Filosofía, que terá lugar no Teatro Principal de Pontevedra do 22 ao 26 de abril.

  • Profesionais como Saskia Sassen, Boaventura de Sousa, John Holloway, Buchraya hamudi, Jose Solana Dueso ou Ángeles Diaz achegarán nos seus relatorios de mañá, tarde e noite a visión das fronteiras dende diferentes puntos de vista
  • O prazo para matricularse e obter a correspondente homologación permenecerá aberto de hoxe ao domingo 21 polo mañá.

A Aula Castelao de Filosofía presentou esta mañá o cartel a programación completa da que será a XXXVI edición da Semana Galega de Filosofía, ‘Filosofía e Fronteira’. No acto ao que asistiron a presidenta, Ana Regueira, e como parte da Aula a profesora de Historia do Arte en ensino secundario, Diana Vilas e Mercedes Moreno, ademais de desglosar o programa – que seguirá a estructura habitual de mañá, tarde e noite – deuse a coñecer o por que da escolla tanto do cartel coma do tema que centrará esta edición.

Tal e como comentou Ana Regueira sobre a escolla da lámina, titulada ‘Na beira do Miño’ e o tema“o debuxo é máis coñecido polo álbum ‘Nós’ pero este foi publicado antes en ‘A nosa terra’. Recolle o concepto da alteridade e a colectividade – que nos define e que nos fai diferentes – eixo fundamental da Semana. Na actualidade hai moitos confictos relacionados contema de fronteira, que se ve dun xeito positivo o negativo segundo a perspectiva: as fronteiras económicas son negativas para o poder pero cando falamos de fronteiras respecto á cidadanía, vese dun xeito positivo. Temos que reflexionar sobre o concepto de cidadanía universal”.

Chegados do noso país e o estado, Estados Unidos, Argel, Senegal ou Portugal entre outros, un total de 15 relatores/as, profesionais de diferentes ámbitos, achegaran nas conferencias de mañá, tarde e noite, diferentes perspectivas sobre tema central.

Mañás: ‘Pensar a fronteira’ 10:30 a 13:30
Diana Vilas Meis, membro da Aula presentou as mañás destacando a conferencia de
 apertura da man de Saskia Sassen, unha das sociólogas máis importantes do mundo, Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociales en 2013 e considerada unha das 100 mulleres máis influintes no ámbito científico. Emanuela Fornari (Universidade de Roma), Boaventura de Sousa (Universidade de Coimbra) que defende a necesidade dos movemetos cívicos e sociais fortes, Joan Nogué i Font dende Cataluña que sinala o auxe inesperado das fronteiras xeopolíticas ou Jose Solana Dueso completan os relatorios que terán lugar en horario matinal

Tardes: ‘A frontera na Galiza’ de 17 a 19:30h
Presentadas por Ana Regueira, as conferencias da tarde estarán máis centradas no noso territorio. Abrirá as mesmas o luns 22 Francisco Rodríguez Sanchez, especialista en clásicos da literatura galega tales como Rosalía, Curros Enríquez ou Blanco Amor que falará da frontera galaico portuguesaao longo da historia da que tamén falará Paula Godinho. O senegalés Cheikh Faye, mestre e escritor afincado en Galicia achegará a súa experiencia persoal da realidade migratoria a nivel mundial. Nuñez Seixas reflexiona sobre o que significou para Galicia ser unha nación de migrantes, hai anos e na actualidade. Fixo mención especial á figura de Barreiro, Catedrático emérito da filosofía na Universidade de Santiago “por ter formado parte da Aula Castelao, amosar sempre o seu respaldo e facer dende a facultade que tomaramos conciencia do pensamento galego”.

Noites: ‘Retos e trampas da fronteira’ de 20 a 22h.
Mercedes Moreno foi a encargada de prensentar as charlas da noite que abrirá Ángeles Diez falando da fronteira dende a optica do auxe do discurso xenofóbico en Europa, a guerra de recolonización e a demonización do extranxeiro e o discurso de superioridade da civilización occidental sobre otros lugares do planeta. Pola súa banda Holloway centrará o seu discurso plantexando que hai fronteiras territoriais marcadas polas institucións pero alén desas, hai fronterias identitarias, os nacioanlismos a partir dos que construimos discursos de exclusión, certos discursos de xénero tamén establecen fronteiras, etc. ata chegar á suprema que é o diñeiro, o acceso aos recursos. Joseba Achotegui analizará a inmigración desde prespectiva psiquiátrica. As consecuencias que ten para a psique das persoas migrantes o abandono do seu espazo, amigos, lugar, e do que lles e familiar para chegar a un lugar hostil, do Síndrome de Ulises ou do migrante con estrés crónico. Angeles Ramírez, experta en antropoloxía social, presenta un traballo de carácter centrado na comunidade marroquí, na migración das poboacións musulmanas cara Europa e especialmente da problemática da muller dentro da migración que se atopa en situación de doble vulnerabilidade,

A conferencia de clausura, a cargo de Buchraya hamudí bayun é unha homenaxe ao pobo saharaui que leva antos nunha loita incansable polo seu dereito a vivir en paz na súa propia terra.

Ao fin da presentación Ana Regueira agradeceu a colaboración ao Concello e Pontevedra e á Universidade de Vigo que programará, entre outras actividades, a presentación do libro de Boaventura de Sousa Santos o mércores 24 ás 19h. na Casa das Campas.

O prazo de inscrición para as xornadas xa está aberto na propia web da Aula Castelao
e pechará o domingo 21 de abril cara as 12h.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×