Proyección: River of Grass (Kelly Reichardt) en Pontevedra

Fecha 26-01-2018
Hora 20:30
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Proyección: River of Grass (Kelly Reichardt) en Pontevedra

RIVER OF GRASS
Kelly Reichardt, 1994
76 min., VOSE

“Unha historia de estradas sen estradas, unha historia de amor sen amor e unha historia de crime sen crime”: a descrición perfecta para River of Grass (1994) deuna a súa propia directora.

Unha muller casada e con dous fillos (solitaria e aburrida da súa vida) sae do seu fogar a un bar e, tras coñecer un home (solitario e aburrido da súa vida), déixase levar por unha cadea de acontecementos que os ha levar a fuxir da xustiza. As prófugas personaxes protagonistas de River of Grass son as anti-Bonnie e Clyde: criminais que, se cadra, non cometeron crime ningún, que non saben ren de armas, torpes, perdidas, que se acompañan máis da inercia ca dun xenuíno interese e aparentemente desinteresadas por todo. Nin sequera cruzar a liña entre a legalidade e a ilegalidade é motivo abondo para traer emoción ás súas vidas.

Reichardt xoga constantemente, desde as primeiras escenas, cos lugares comúns dos filmes de estradas, das historias de crime e das leas amorosas, enganando ao público, que se anticipa ao que vai suceder: un reloxo que dá as 8:00 pero que non soa, unha ama da casa que aparenta coidar da súa prole, unha persecución policial que nunca acontece. E faino sempre cun humor particular que podería confundirse co schadenfreude se non fose polo marcado interese que a directora mostra na personalidade da súa protagonista…

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×