Noticias de Hoy
ponteveran_19_web 1
Fecha: 01/07/2019 a 31/08/2019
Horario: 01:00 a 01:00

Ponteverán 2019

Ponteverán 2019.

Plantexado baixo as temáticas de natureza, xogos, tecnoloxía e formación, ofertará 450 prazas (70 delas a través de Servizos Sociais) que, segundo a actividade, irán destinadas a público mozo de entre 8 e 35 anos.

Por primeira vez, tal e como sinalou o concelleiro, todas serán de balde polo que “se require un compromiso de asistencia e que quen se matricule, asista finalmente ao obradoiro”. Entre outras novidades do programa, están os roteiros polo Almofrei, o roteiro para ver abelaíñas, o Escape Room e a Xornada de Orientación Deportiva ou o Campamento Music-Lab.

Segundo a data de celebración da actividade, o prazo de solicitude da mesma abrirase o 1 de xuño, o 1 de xullo ou o 1 de agosto en http://apuntate.pontevedra.gal e haberá listas de agarda destinadas público interesados doutros concellos ou fóra do grupo de idade ao que vai destinada orixinariamente a actividade.


Aula de natureza e interpretación – Ponteverán 2019

Actividades ambientais e lúdicas nas contornas naturais e monumentais do noso municipio. Nenas e nenos terán a oportunidade de participar de actividades na natureza, aumentando os seus coñecementos sobre o bosque, o mar, o río e a cidade.
  • IDADES: 8 – 12 anos (nacemento entre 2007 e 2011)
  • DATAS: 3 quendas: 1-15 xullo, 16-30 xullo  ou 31 xullo – 13 agosto
  • HORARIO: 09:30 – 14:00 h
  • LUGAR: Pazo da Cultura e outros espazos da cidade
  • PRAZAS: 20 por quenda
  • SOLICITUDES: do 1 ao 20 de xuño

Campamento Music-Lab: crea a túa música electrónica – Ponteverán 2019

Laboratorio de tecnoloxía e música «lowcost». Achégate de maneira sinxela á creación, composición e produción musical usando o teu propio móbil. Crearemos música electrónica por medio de diferentes aplicacións e comporemos bandas sonoras, ademais de experimentar co Videomapping e crear as nosas animacións.
  • IDADES: 13-16 anos (dos anos 2003 ao 2006)
  • HORARIO: 10:00-13:00 a.m.
  • DATAS: 16-19 de xullo
  • LUGAR: Local de Música de Pontevedra (rúa Otero Pedraio s/n. Ao lado de Vialia)
  • PRAZAS: 15
  • SOLICITUDES: do 1 ao 20 de xuño

Celebración da noite europea dos morcegos- Ponteverán 2019

Xornada compartida con especialistas no estudo destes mamíferos a quen acompañaremos na captura, estudo e explicación das súas características, coa inención de coñecer os morcegos e desmitificar falsas lendas que se lle atribúen. Escoitaémolos a través de aparatos ultrasóns.

Actividade organizada pola Asociación Vaipolorío en colaboración coa Asociación Drosera para o Estudo e Conservación do Medio Natural.

  • IDADES: 5-99 anos (menores de idade teñen que ir en compañía dalgunha persoa adulta)
  • DATAS: sábado 31 agosto
  • HORARIO: 21-23h.
  • LUGAR: saída diante da estación de autobuses para ir ao tramo rural do sendeiro do Gafos.
  • PRAZAS: 30
  • SOLICITUDES: a partir do 1 de agosto

Curso de informática: Google, máis ca un buscador – Ponteverán 2019

O mundo Google, o navegador Chrome, a súa configuración, buscas, compartimento de contidos etc. Aprenderemos a relacionarnos virtualmente con seguridade. Formación adaptada á diversidade de niveis.
  • IDADES: 13-35 anos
  • HORARIO: 12:00-13:30h.
  • DATAS: martes,mércores e xoves do 2 ao 18 de xullo
  • LUGAR: Casa Azul (aula de informática)
  • PRAZAS:18
  • SOLICITUDES: a partir do 1 de xuño

O formulario de SOLICITUDE abrirase a partir das 08:00 a.m do 1 de xuño.


Curso de informática: presentacións off e on line – Ponteverán 2019

Crearemos presentacións usando aplicacións no PC (OFFline) e usando páxinas web (ONline). Descarga e instalación de LibreOffice, crea presentacións, usa animacións, transicións, inserción de música etc… para rematar creando a túa propia presentación.
  • IDADES: 13-35 anos
  • HORARIO: 12:00-13:30h.
  • DATAS: martes,mércores e xoves do 23 de xullo ao 8 de agosto
  • LUGAR: Casa Azul (aula de informática)
  • PRAZAS:18
  • SOLICITUDES: a partir do 1 de xuño

O formulario de SOLICITUDE abrirase a partir das 08:00 a.m do 1 de xuño.


Curso de informática: seguridade na rede – Ponteverán 2019

Seguridade na rede. Uso de navegadores, buscadores e recursos na WEB alleos a Google. Descarga e instala navegadores. Navega de xeito seguro e anónimo. Como evitar anuncios e publicidade, facer buscas  sen rastrexo do que facemos, protección ante virus etc…
  • IDADES: 13-35 anos
  • HORARIO: 12:00-13:30h.
  • DATAS: martes,mércores e xoves do 13 ao 29 de agosto
  • LUGAR: Casa Azul (aula de informática)
  • PRAZAS:18
  • SOLICITUDES: a partir do 1 de xuño

O formulario de SOLICITUDE abrirase a partir das 08:00 a.m do 1 de xullo.


Curso de produción de eventos musicais – Ponteverán 2019

Este curso ten como obxectivo amosar todos os aspectos relevantes que se deben ter en conta á hora de producir espectáculos musicais. Presencial con clases teóricas e prácticas. Con certificado de asistencia.
  • REQUISITO: cada participante deberá traer un ordenador portátil.
  • IDADES: 18-35 anos
  • HORARIO: 10:00-14:00h.
  • DATAS: 25-29 de xuño + prácticas entre xullo e agosto
  • LUGAR: Local de Música
  • PRAZAS: 20
  • SOLICITUDES: do 1 ao 20 de xuño

Formulario de SOLICITUDE pechado. Para máis información podes contactar coa Oficina de Xuventude en 986840367 ou xuventude@pontevedra.gal


ESCAPE ROOM – Ponteverán 2019

Actividade pensada para realizar en equipos de 6 persoas. Trátase dun xogo onde teredes que empregar o voso enxeño e habilidade para resolver pistas, enigmas e misterios dunha incrible aventura. Hai que sair da sala antes de que se acabe o tempo. Haberá 3 pases de 45 minutos.

  • IDADES: 13-35 anos
  • HORARIO: varios pases entre as 21:00 e as 23:00 h
  • DATA: venres 19 de xullo
  • LUGAR: Local de Música (rúa Otero Pedraio s/n, ao lado de Vialia)
  • PRAZAS: 36
  • SOLICITUDES: a partir do 1 de xullo

Este formulario no está disponible todavía.


Obradoiro de creación de aplicacións para móbiles – Ponteverán 2019

Os móbiles xa forman parte da nosa vida cotiá e laboral da sociedade moderna. Crear ferramentas para móbiles é divertido e ten moito potencial.

  • REQUISITO: cada participante deberá traer un ordenador portátil.
  • IDADES: 12-18 anos
  • HORARIO: 9:30-13:30h.
  • DATAS: 31 de xullo ao 6 de agosto
  • LUGAR: Casa da Luz
  • PRAZAS: 12
  • SOLICITUDES: a partir do 1 de xullo

O formulario de SOLICITUDE abrirase ás 08:00 a.m. do 1 de xullo.


Obradoiro de Holografía e Realidade Virtual – Ponteverán 2019

Estudaremos xeitos de preparar información e presentala para que o noso cerebro poida recrear mundos virtuais e obxectos 3D.

  • REQUISITO: cada participante deberá traer un ordenador portátil.
  • IDADES: 8-14 anos
  • HORARIO: 9:30-13:30h.
  • DATAS: 16-22 de xullo
  • LUGAR: Casa da Luz
  • PRAZAS: 12
  • SOLICITUDES: do 1 ao 20 de xuño

O formulario de SOLICITUDE abrirase ás 08:00 a.m. do 1 de xuño ata o 20 de xuño.


Obradoiro de Impresión 3D – Ponteverán 2019

Veremos como converter as ideas en obxectos. Deseño 3D empregando a xeometría construtiva.

  • REQUISITO: cada participante deberá traer un ordenador portátil.
  • IDADES: 12-18 anos
  • HORARIO: 9:30-13:30h.
  • DATAS: 1-5 de xullo
  • LUGAR: Casa da Luz
  • PRAZAS: 12
  • SOLICITUDES: a partir do 1 de xuño

O formulario de solicitude abrirase ás 08:00 a.m. do 1 de xuño


Obradoiro de Programación Informática – Ponteverán 2019

Forneceremos as habilidades de descomposición de problemas complexos empregando o pensamento computacional.

  • REQUISITO: cada participante deberá traer un ordenador portátil.
  • IDADES: 8-14 anos
  • HORARIO: 9:30-13:30h.
  • DATAS: 23-30 de xullo
  • LUGAR: Casa da Luz
  • PRAZAS: 12
  • SOLICITUDES: do 1 ao 20 de xuño

O formulario de SOLICITUDE abrirase ás 08:00 a.m. do 1 de xuño ata o 20 de xuño.


Obradoiro de Robótica – Ponteverán 2019

Aprenderemos o que son os robots e as partes que os compoñen para logo construílos e programalos mediante a proposta de retos.

  • REQUISITO: cada participante deberá traer un ordenador portátil.
  • IDADES: 8-14 anos
  • HORARIO: 9:30-13:30h.
  • DATAS: 8-15 de xullo
  • LUGAR: Casa da Luz
  • PRAZAS: 12
  • SOLICITUDES: do 1 ao 20 de xuño

O formulario de solicitude abrirase ás 08:00 a.m. do 1 de xuño ata o 20 de xuño.


Roteiro etnográfico e ambiental polo río Almofrei – Ponteverán 2019

Roteiro pola contorna da aldea do Salgueiral para coñecemento do patrimonio cultural, natural e etnográfico a carón do río Almofrei. Actividade vivencial en contacto directo coa natureza e guiado por monitorado especialista co que aprenderemos de maneira lúdica e divertida. Está incluído o servizo de autobús o lugar da actividade.

  • IDADES: 15-35 anos
  • DATA: domingo 21 de xullo
  • HORARIO: 10:00 – 13:30  (saída bus 09:30 na parada que hai detrás da praza de abastos)
  • PRAZAS: 25
  • SOLICITUDES: a partir do 1 de xullo

Este formulario de SOLICITUDE abrirase a partir das 08:00 a.m. do 1 de xullo.


Roteiro polo Gafos para ver avelaíñas e outros insectos – Ponteverán 2019

Con monitorado especialista da Asociación Vaipolorío , gozaremos desta saída nocturna polo ecosistema do río Gafos para fotografar e catalogar avelaíñas e outros insectos que se sintan atraídos pola luz.

  • IDADES: a partir dos 8 anos (menores en compañía dalgunha persoa adulta)
  • DATA: sábado 27 de xullo
  • HORARIO: 22:00 – 24:30 h.
  • PRAZAS: 25
  • SOLICITUDES: a partir do 1 de xullo

O formulario de solicitude abrirase ás 8:00 a.m. do 1 de xullo.

ponteveran