Pontenciencia 2019 en Pontevedra

Fecha 31-01-2019 a 1-06-2019
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Pontenciencia 2019 en Pontevedra.

A sexta edición de Pontenciencia ponse en marcha este ano co inicio dos cursos de formación sobre o método científico nos centros de ensino da cidade que queren participar neste exitoso proxecto educativo impulsado pola Concellaría de Educación e a Universidade de Vigo. O proceso rematará cara final de ano coa Minifeira da Ciencia que se desenvolvera na Escola de Forestais os días 31 de maio e 1 de xuño.

Nesta ocasión participan dez centros do concello e 340 alumnos/as e docentes, que durante todo o curso porán en marcha distintos experimentos científicos seguindo o seu método e finalmente, exporano ante un comité integrado por docentes universitarios e científicos.

As charlas nos centros de ensino de Primaria comezaron a pasada semana nos colexios de San Martiño de Salcedo, San Benito de Lérez e o CEE Pontevedra. Hoxe houbo unha no CEIP de Ponte Sampaio e quedan nesta semana:


O xoves, 31 de xaneiro, será no CEIP Froebel, en dúas sesións de 10.45 horas e ás 12.10 horas.

O venres, 1 de febreiro será o CPR Sagrado Corazón de Pontevedra, en horarios de 10.00, 10.50 e 12.10 horas.


As seguintes charlas serán:

  • 5 de febreiro no CPR San José ás 12:00h
  • 13 de febreiro no CEIP Cabanas ás 12:30h
  • 27 de febreiro. CPR Sagrado Corazón de Praceres ás 11.15 horas e ás 12.05 horas.

Como é sabido en Pontenciencia tamén poden participar as familias propoñendo os seus experimentos e estudos. As charlas informativas serán no espazo Arroelo, situado na rúa Michelena, 11:

  • Sábado, 2 de febreiro de 10.30 a 12.00 horas
  • Venres, 8 de febreiro de 19.00 a 20.30 horas
  • Mércores, 20 de febreiro de 18.00 a 19.30 horas.

O calendario de Pontenciencia desenvolverase así:

  • Xaneiro – febreiro: inscrición, formación en métodos de investigación (opcional) tanto nos centros de ensino como ás familias; selección da investigación a proposta dos comités científicos ou ben por temática libre.
  • Xaneiro – 3 de maio: realización da investigación
  • 23 abril – 3 de maio: inscrición definitiva
  • 2 ao 20 de maio: entrega dos resumos dos experimentos ao comité científico
  • 13 – 24 de maio: preparación do experimento
  • 30 de maio: instalación da investigación/experimento na Escola de Forestais
  • 31 de maio e 1 de xuño: Presentación oral do experimento ante o xurado; entrega de premios e diplomas de participación.
     

    Pontenciencia

    Pontenciencia é unha feira de proxectos de investigación escolar aberta a todo o público que se celebrará no campus da Xunqueira os vindeiros 31 de maio e 1 de xuño. Pero antes desa data, Ponteciencia permite aos escolares, aos mestres e ás familias coñecer o desenvolvemento do método científico a través de experimentos que eles desenvolven durante o curso escolar, dirixidos por profesionais universitarios e expertos científicos, e que finalmente, expoñen durante a Minifeira da ciencia.

    Polo tanto, Pontenciencia está composta por:

  • Espazo expositivo: cos proxectos dos participantes e da comunidade universitaria.
  • Espazo de proxección audiovisual: cun programa de audiovisuais relacionados co mundo da investigación e da ciencia.
  • Espazo interactivo con actividades dirixidas a potenciar e dinamizar a feira, incluíndo opcións axeitadas a cada idade.

Pódese participar en distintas modalidades: Ciencia no Cole ou Ciencia en Familia. E todos eles exporán os resultados dos proxectos de investigación que seleccionen a partir das propostas realizadas por un comité científico universitario ou ben dunha temática libre, e que levaron a cabo co apoio dos seus mestres e familiares.

Finalmente, na gala de peche, farase entrega de diplomas pola presentación dos proxectos a todos os participantes e colaboradores

Participantes e colaboradores de Pontenciencia

  • Centros educativos do concello de Pontevedra
  • Universidade de Vigo
  • FANPA Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra
  • CIFP Carlos Oroza
  • Misión Biolóxica de Galicia- CSIC
  • Unidade Biolóxica de Galicia- CSIC
  • Unidade de Cultura científica do CSIC en Galicia
  • Parque Nacional marítimo- terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
  • INCIPIT- CSIC
  • Viaqua

 

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×