Noticias de Hoy
meu mundo
Fecha: 03/12/2020
Horario: 21:00 a 21:00

Ponteatro: O meu mundo non é deste reino

Teatro Principal

O meu mundo non é deste reino é unha adaptación da “Farsa de Bululú” de Manuel María, unha parodia da ditadura franquista. A recuperación do título orixinal da obra serve para proxectar este queixume silenciado no seu día. Hoxe, encabeza o espectáculo de novo para facer fronte a un pasado que insiste en repetirse. Será o 3 de decembro ás 21 horas.

A montaxe sobre este diálogo entre dous trapeiros que van cara a unha feira cargados de cousas está dirixida por María Peinado e conta no elenco con Anxo García e Fran Lareu.

Aforo limitado a 60 persoas sentadas individualmente e cunha cadeira libre polo medio. O uso de máscara é obrigatorio en todo momento, así como o cumprimento da normativa e restricións sanitarias vixentes en cada momento, ao igual que se deben cumprir permanentemente as indicacións do persoal de sala. Non está permitido intercambiar cadeiras ou ocupar cadeiras diferentes á que figura na entrada adquirida. 

Entradas á venda en Ataquilla.com a un prezo de 8€ (4€ para Carné Xove, parados e maiores de 65). Se non se esgotan na venda anticipada, estarán dispoñibles o día do espectáculo na billeteira física de 19 a 20h.