Noticias de Hoy
camiños ponteatro
Fecha: 26/11/2020
Horario: 21:00 a 21:00

Ponteatro: Camiños

Teatro Principal.

Camiños afonda na identidade galega nunha mestura de tradición e modernidade, unha peza de teatro moi físico  na que a música folk convive coa electrónica, as bicicletas de  spinning coas letras de Castelao, Rosalía ou Manuel María e onde os  selfies conviven cos sachos. Un aluvión escénico que fará que os espectadores non poidan quedar indiferentes. Será o día 26 de novembro ás 21.00 horas.

Aforo limitado a 60 persoas sentadas individualmente e cunha cadeira libre polo medio. O uso de máscara é obrigatorio en todo momento, así como o cumprimento da normativa e restricións sanitarias vixentes en cada momento, ao igual que se deben cumprir permanentemente as indicacións do persoal de sala. Non está permitido intercambiar cadeiras ou ocupar cadeiras diferentes á que figura na entrada adquirida. 

Entradas á venda en Ataquilla.com a un prezo de 8€ (4€ para Carné Xove, parados e maiores de 65). Se non se esgotan na venda anticipada, estarán dispoñibles o día do espectáculo na billeteira física de 19 a 20h.