Noticias de Hoy
desconexion E
Fecha: 27/10/2017 a 28/10/2017
Horario: 01:00 a 01:00

Ponteatro 2017 : Venres Golfos - 'Desconexión' de Xurxo Cortázar

Ponteatro 2017 : Venres Golfos - 'Desconexión' de Xurxo Cortázar

Comeza: 23:59

O individuo 299/1973 FK3 vive conectado a un semáforo regulando o tránsito de peóns. Ten dobre personalidade: cando viste traxe verde é amable e deixa pasar; cando viste traxe vermello é malencarado e manda parar.

Xornada tras xornada desenvolve a súa rutineira misión sen poder esquecer o seu obxectivo soñado: fuxir cara a liberdade e converterse nun ser humano. Unha avaría no seu sistema fai que saia da súa gaiola e emprenda unha viaxe cara o descoñecido. No seu periplo vaise atopar en situacións descoñecidas para el, que terá que resolver coa dignidade que lle permita ser un monifate sen personalidade definida.