PAN! PAN!

Fecha 29-12-2013
Hora 21:00
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Pan-Pan

PAN!PAN! conta a historia de Harry, un cowboy americano que viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo a un indio salvaxe que roubou á súa muller, da que está profundamente namorado.

A través da aventura deste antiheroe, redescubriremos ese mundo sen lei dos ranchos vaqueiros, as fedorentas cantinas e os desertos cheos de perigos. Como nunha película do Far West, haberá whisky, balas e country. Amor e vinganza a partes iguais!

Esta comedia musical parte dun escenario baleiro, e como na nouvelle cuisine, desmonta, cuestiona e reconstrue os vellos westerns do lonxano oeste. Esta é unha homenaxe con retranca a esas películas cheas de homes salvaxes e sucios coas que tres actrices, seus pais, seus avós e todos nós medramos.
8 personaxes, 5 espazos e toda a banda sonora desta obra creada por só tres intérpretes. Todo en directo, sen artificios, sen trampa nin cartón!

A obra vennos da man de A PANADARÍA, unha agrupación nova sen historia, nin premios, nin comentarios de eloxio da prensa (polo dagora). Xurde pola necesidade de mesturalo todo: diferentes culturas, linguaxes artísticas, realidade e ficción. A Panadaría reivindica, coa súa actividade, o traballo artesán do teatro e pretende crear un espazo para cuestionar temas de carácter universal.
Amasando, cocendo e maduzando o pan cada día estan: Areta Bolado, Noelia Fernández e Ailén Kendelman.

En definitiva unha obra cociñada con moito amor que non podedes perder. De seguro que o arrecendo a bo teatro chegará até as vosas pituitarias o próximo domingo 29.

Lembrade que para poder recoller morna a fornada teatral seremos puntuais e que fan falta os vosos carnés socios!. Coma de costume os mutantes entran de balde e os ‘socios Y’ teñen un simbólico donativo de 4 euros para as artistas.

Web: www.liceomutante.com

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×