Noticias de Hoy
Cristina A. Pontanilla.
Fecha: 22/12/2013
Horario: 16:00 a 16:00

Obradoiro de fotografía dixital por Cristina A. Pontanilla

Domingo 22 de decembro ás 16.00, Obradoiro de fotografía dixital por Cristina A. Pontanilla.

Retomamos as nosas xornadas de fotografía cun obradoiro deseñado para to@s aqueles que desexen sacar o máximo partido a estas festas inmortalizando os bos momentos e quen sabe, se sorprendendo có deseño de tarxetiñas de Nadal e demáis agasallos fotográficos.

Se tendes algunha cámara reflex ou compacta non dubidesdes en acercárvos ate o Liceo Mutante estes domingos de decembro.

- O domingo día 15 a sesión é unha introducción teórica para o que se entregarán un material impreso, pero levade tamén a vosa libreta e bolígrafo para os apuntes persoais.

- A segunda sesión será o domingo día 22. Partindo dende o Liceo plantexámos unha pequena excursión fotográfica polos arredores. Concretaremos a ruta o día anterior en función das necesidades e gustos do grupo.

Para garantir a fluidez e atención personalizada a cada alumno o obradoiro realizarase entre un minimo de 10 persoas e un máximo de 25. No caso de sobrepasar esta cifra contaremos cun asistente que axude coa corrección individualizada de cada uns dos exercicios.

A duración de ambas sesión será de 120 min., susceptible de prolongarse até os 180 min. segundo o ritmo dos participantes.

O prezo será de 15 euros para os Socios Mutantes e de 19 para os Socios Y.

Lembrade que debedes porvos en contacto a través do mail para confirmar a vosa asistencia: cristinandrespontanilla@gmail.com