Noticias de Hoy
su garrido pombo
Fecha: 24/10/2018
Horario: 21:30 a 21:30

Músicas en Paz con Su Garrido Pombo en Pontevedra

Músicas en Paz con Su Garrido Pombo en Pontevedra.

Volven as Músicas en Paz e desta volta será Su Garrido Pombo quen nos fale do seu novo traballo 'quedo a vivir aquí'.

Este marabilloso traballo de Su contén cancións con letras tradicionais, poemas de Xohana Torres, Ana Romaní, Keith Payne e outras compostas pola propia cantante.

O mércores 24 conversaremos con Su Garrido, escoitaremos en vivo algunhas canción, levarémonos o cd "quedo a vivir aquí" e remataremos tomando un viño no Kamal gastroteca.
Para gozar de todo isto collede o bono de 15€.
Outra posibilidade e compartir conversa, música e viño co bono de 7€.
Os bonos estarán dispoñibeis na libraría Paz a partir do luns 15 de outubro.