Noticias de Hoy
músicas en paz A3
Fecha: 19/04/2017
Horario: 21:30 a 21:30

Músicas en Paz con Monica de Nut y Luís Martíns, en Pontevedra

Nesta nova edición de Músicas en Paz coñeceremos o novo traballo musical da cantora, bailarina e performer Monica de Nut e do harpista e luthier Luis Martíns: Raíces aéreas.

Di Mónica, falando de Raíces aéreas, que "o elemento inspirador son as gravacións de recollida de campo en Galicia, cantos de mulleres que transmiten toda a forza ancestral. Cantos crus, vitais e poderosos, conéctannos á raíz de saber de onde vimos e cal é a nosa esencia. Enormemente agradecidas por este manantial, e con moitísimo respecto, recreamos esa herdanza aportando as nosas ás mediante a voz e a arpa".

O mércores 19 conversaremos con Mónica e Luís, escoitaremos algunha canción, levarémonos o cd "Raíces aéreas" e remataremos tomando un viño na taberna Tabula Rasa.

Podedes mercar o bono para gozar de todo isto na libraría Paz (15€)