Festival Vive Nigrán 2018

Fecha 20-07-2018 a 21-07-2018
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Festival Vive Nigrán 2018.

A segunda edición de Vive Nigrán, que se celebrará no antigo campo de fútbol de Lourido (Praia América) os próximos 20 e 21 de xullo, incorpora ao seu cartel o pop folk contemporáneo de Alondra Bentley, aos zaragozanos Calavera, a expresividade e frescura de Maryland, aos vigueses Inerttes (tras gañar o concurso de SonidosMans); e aos emerxentes Indian Hawk, Mireia Vilar e Odd Cherry Pie a través do programa da Deputación de Valencia “Sona la Dipu”.

A continuación, ofrecémosvos información ampliada sobre as as bandas anunciadas con anterioridade para esta segunda edición de Vive Nigrán, un evento organizado entre Concello de Nigrán e La 10ª Planta, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e Turismo de Galicia, e o patrocinio de Mahou.

GRUPOS

Naty Peluso
Cala Ventos
Alondra Bentley
Calavera
Maryland
Inerttes
Indian Hawk
Mireia Vilar
Odd Cherry Pie
Mueveloreina
Depedro
Bigott
Esteban & Manuel
Las Odio
The Limboos
Abraham Boba DJ
Mujeres
Sidonie

 
 

 
 
 
 
 
 
 
MUEVELOREINA | Este dúo residente en Valencia formado por Karma Cereza e Joaco J. Fox deuse a coñecer debido aos vídeos de cancións con sons pegadizos (mestizaxes de ritmos latinos e electrónicos), con contidos líricos, punzantes e críticos cos males da sociedade. Son moi eclécticos e por iso é polo que é tan complicado etiquetarlos nun estilo, aínda que eles definen o que fan como ‘música electrapical’ (electrónica, trap, e tropical).  
 
DEPEDRO | Jairo Zavala actuará en Nigrán coa súa banda completa nun concerto moi especial pensado para que o gocen persoas de todas as idades no que interpretará un repertorio que incluirá temas clave dos seus catro discos de estudo, presentando especialmente o seu último traballo, “El pasajero”. Trátase dun disco calado pero cheo de sons, un disco sinxelo pero cargado de mundos, un disco contido pero infinito, un disco onde non sobra nada, un disco máxico ás veces, diferente a case todo o que escoitamos, un disco que crea a súa propia linguaxe sonora e literario cheo dunha profundidade e beleza, absolutamente emocionantes e transformadoras.   
BIGOTT | Bigott é o nome elixido polo zaragozano Borja Laudo para este proxecto musical, cheo de luminosas melodías e coloridos sons de guitarra. O artista chegará a Nigrán co seu noveno álbum, “Candy Valley”, un disco impregnado dunha enerxía vibrante, cancións curtas, directas e melodías marabillosamente pegadizas. “Candy Valley” é punk, baile, alegría e diversión, composicións xeniais traducidas dun modo inmediato e certeiro; un disco que reivindica a frescura do real e a súa enerxía Lo- Fi de primeira clase.  
ESTEBAN & MANUEL | Armados coa súa caixa de ritmos, teclado e guitarra, Esteban & Manuel comezaron a xirar co seu primeiro disco, “La banda sonora de tu día a día”, o pasado verán ao longo de toda a xeografía galega. Participaron na terceira edición do ciclo de concertos Encarta (Bilbao, Meyo Records) xunto a Presidente Indio e Pedro Ladroga, actuaron no Monkey Week con dous concertos memorables, e formaron parte da festa de fin de xira de Novedades Carminha na Sala Capitol (Santiago de Compostela). A banda gusta a públicos de todas as idades, facendo bailar por igual a mozas e maiores cun estilo que bebe de ritmos latinos como a cumbia ou o merengue.LAS ODIO | Ágata Ahora (guitarra), Ali Holgado (batería), Paula JJ (voz e sintetizadores) e Sonsoles Rodríguez (baixo) son un cuarteto de riot grrrls formado en 2015 na contorna do infrandergraun madrileño. Dende que se publicou o seu primeiro album, “Futuras esposas”, Las Odio deixaron de ser o segredo mellor gardado da escena madrileña para saltar ás páxinas da prensa cultural, que as definiu como unha das bandas máis prometedoras do momento facéndose eco da frescura e o descaro do seu son: post-punk, pop, garage, rock… O certo é que non hai consenso á hora de poñerlles a etiqueta. En cambio, si parece haber acordo cando se fala das súas letras afiadas e certeiras e do pertinente do seu discurso: feminista, pero tamén xeracional, contido en narracións costumistas e traballado sempre desde a ironía e o humor máis acedo.ABRAHAM BOBA DJ SET (León Benavente)| Abraham Boba é o pseudónimo que David Cobas utiliza desde haiai máis dunha década para firmar todos os seus traballos relacionados coa música. Tras pasar unha primeira etapa autodidacta en diferentes cidades e publicar o seu primeiro disco en solitario múdase a Madrid e entra a formar parte da banda de Nacho Vegas. En 2009 publica o seu segundo disco “La educación”, ao que seguirá “Los días desierto” (2011). En 2013 forma o grupo León  Benavente, co que publica dous discos: “León Benavente” (premio Ollo Crítico 2014) e “2” (mellor disco de 2016 para El País e ABC) e realiza unha xira case ininterrompida que chega ata os nosos días.SIDONIE | Tras un pequeno descanso despois de El Peor Grupo del Mundo, a xira máis intensa e exitosa da súa carreira,  Sidonie volve aos escenarios para celebrar os seus 20 anos de traxectoria. Nigrán acollerá un dos concertos desta xira tan especial, na que recuperarán cancións de todo o seu repertorio, coas que ano tras ano, disco a disco, foron crecendo ata consolidarse como unha banda imprescindible para explicar o actual panorama musical deste país.NATHY PELUSO | Artista multidisciplinar criada entre a música negra, o swing, o jazz, o blues e o teatro. Está tan nutrida de tanta música diferente que o seu filtro abarca unha inmensidade de propostas. Tras empezar a gravar covers en YouTube, acabou por chegar ao hip hop para apoderarse del: fíxoo concreto e flexible, bailable, con letras abstractas, máxicas e de bases orixinais; sintetizadores, bos baixos e samples vocais. Como ela mesma declara “Co tempo pretendo crear unha nova vangarda musical e aos poucos irei conformándoa. O único que quero de verdade é facer música de calidade”. Acompañando a esta sedutora fusión de xéneros e sons atopámonos coa guinda do pastel: o visual. Imaxes cunha estética dos oitenta, maquillaxe, froitas tropicais e unllas de xel. A súa incursión no mundo da música contemporánea supuxo unha revolución no panorama actual e varios medios de comunicación cualificárona como “a artista revelación do 2017”. Hai que darlle ao play para descubrila e facerse adicto.THE LIMBOOS | Xurdiron da nada fará cuestión de catro anos. Ás poucas semanas, gravaron un single, tomaron a estrada e non pararon de dar voltas ata hoxe. A banda estivo paseando a súa “Rhythm & Blues Exótico” por media Europa cun show dos que non se esquecen facilmente. O seu primeiro LP “Space Mambo” ( Penniman Records, 2014) pillou por sorpresa a todo o mundo -medios incluídos

Outras actividades e entradas

O festival continuará apostando por fusionar a música con experiencias ao aire libre: as persoas asistentes terán á súa disposición dende xogos e talleres, ata unha gran oferta gastronómica a cargo de foodtrucks, un mercadiño, charlas, as sesións DJ de Abraham Boba (León  Benavente) e Sidonie no Espazo Mahou… Unha infinidade de actividades que debuxan un “picnic pop festival” de cultura creativa, unha filosofía e un estilo de vida para que todos os públicos poidan gozar intensamente Nigrán dende a mañá ata a noite.

Vive Nigrán, incluido en el circuito “Festivales Rías Baixas 7+1”, aúna y fusiona desde la mañana hasta la noche diferentes experiencias para todas las edades: playa, monte, mar, gastronomía, charlas, talleres, música o sesiones Dj. Sin duda un planazo para disfrutar de las mejores bandas de la escena independiente en uno de los lugares más emblemáticos de la costa gallega

En su primera edición el festival contó con un cartel con algunas de las propuestas musicales del momento, como Las Bistecs, Joe Crepúsculo, Viva Suecia o Tachenko. Pronto conoceremos más detalles de lo que nos depara el Picnic Pop Festival para su segunda edición.

GRUPOS

Naty Peluso
Cala Ventos
Alondra Bentley
Calavera
Maryland
Inerttes
Indian Hawk
Mireia Vilar
Odd Cherry Pie
Mueveloreina
Depedro
Bigott
Esteban & Manuel
Las Odio
The Limboos
Abraham Boba DJ
Mujeres
Sidonie

 

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×