Festival Internacional de Cinema de Pontevedra

Fecha 15-12-2020 a 20-12-2020
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Teatro Principal de Pontevedra.

Comeza Novos Cinemas, o Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, que na súa quinta edición se desenvolverá ata o próximo domingo 20 de decembro nun formato híbrido: presencial na cidade de Pontevedra e online a través da plataforma Filmin.

Como cada ano, a xornada inaugural comezará coa proxección das creacións realizadas no obradoiro O ceo a medio facer. O cinema en primeira persoa, realizadas por alumnado da Universidade de Vigo e titorizadas polo cineasta Eloy Domínguez Serén.

Así, o Teatro Principal acollerá ás 16.30 horas a proxección destas oito obras creadas por Noemi Parga, Paula Tarrío, Juan Ares, Yuri Salgado, Daniel Vidal, Tamara Goberna, Bea Pérez Fernandes, Raquel Álvarez e Valeria Martínez Lojo.

A inauguración oficial desta edición do festival terá lugar ás 20.00 horas tamén no Teatro Principal coa proxección de Lúa Vermella, a segunda longametraxe de Lois Patiño, tras sete anos da súa ópera prima, Costa da Morte. Lúa Vermella levanos a unha vila da costa galega na que o tempo parece terse detido. Tódalas persoas que a habitan están paralizadas pero aínda poden escoitarse as súas voces. Ao lugar chegan tres mulleres buscando ao Rubio, un mariñeiro da vila que desapareceu no mar. Esta película relata unha historia de meigas e homes de mar na que a atmósfera ten unha presenza forte e enigmática. Lúa Vermella vén de recibir recoñementos internacionais como o Luis Ospina á mellor dirección no Festival de Cali (Colombia); ou premios nacionais como á mellor película española na Zonazine do Festival de Málaga 2020.

As entradas para asistir tanto a sesión inaugural como a proxección das pezas xurdidas do taller O ceo a medio facer. Obradoiro de cinema en primeira persoa son gratuítas, previa retirada de convite no Teatro Principal a partir de dúas horas antes do inicio de cada unha das sesións, tamén con peche de despacho de billetes unha hora antes do comezo do acto.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×