Festival de Cans 2021

Fecha 1-09-2021 a 4-09-2021
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

A XVIII edición do Festival de Cans celebrase do 1 ao 4 de Setembro do 2021.

O Festival de Cans toma por completo a aldea de O Torreiro (a praza da igrexa), convértese no centro da festa onde teñen lugar os concertos e a entrega de premios, a estrada central córtase e convértese no Cans Voulevar, cheo de música e agasallos, o Parque do Río pasa a ser o Espazo Minicans adicado ós nenos e en todos os currunchos hai unha programación intensa e diversa de cine e música. Os espazos cotiás perden a súa privacidade e os veciños e veciñas cédenos para seren de uso público por uns días. O Cuberto de Chelo, o Cuberto do Pato, o Baixo de Carlos, o Baixo de Alfonso, a Casa do Pedreiro, o Jalpón de Alicia, o Baixo do Carreira, a Casa de Mari, o Baixo de Bugarín ou o Baixo do Moncho convértense en salas de proxección transformadas polas pantallas construidas na aldea polos carpinteiros Silvino e Juan Maceira, e pola herba empacada e as táboas onde senta o público a ver os filmes.

Hai curtas de ficción, de animación, documentais, concurso de videoclips ou webseries. A creación galega máis emerxente pasa por Cans, que se converte na gran plataforma de visibilidade dos novos creadores. 

 

Para participar

As curtametraxes e videoclips que se presenten a concurso deben ser obras galegas dos anos 2020 e 2021. Aínda que non sexa condición indispensable, valorarase que as obras a concurso sexan estreas absolutas e que non foran aínda amosadas publicamente e así se fará constar nas observacións da ficha de inscrición.

A duración de cada curtametraxe de ficción non superará os 30 minutos con créditos da obra incluidos.  A duración de cada curtametraxe de non ficción da sección Furacáns non superará os 40 minutos con créditos da obra incluidos. A data límite para enviar as pezas será o domingo 16 de maio de 2021 ás 23.59 horas.

A inscrición é gratuita e deberá facerse a través da páxina web do Festival de Cans completando un formulario no seguinte link: https://www.festivaldecans.gal/inscricion-online-festival-de-cans-2021/

 

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×