Festival das Núbebes 2019 en Pontevedra

Fecha 20-09-2019 a 29-09-2019
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Festival das Núbebes 2019 en Pontevedra.

Co mes de setembro chega a Pontevedra o festival que os máis pequenos/as e tamén os papás e mamás estabades a agardar. Serán dúas intensas fins de semana cheíñas de propostas arredor das artes escénicas, pensadas e dirixidas á cativada da casa. Teremos teatro, danza, música, obradoiros, animación de rúa, contacontos, a guerra de almofadas… Un amplo abano de cousiñas bonitas que preparamos con moito cariño e cuns fermosos obxectivos: que poidades aprender xuntos, compartir experiencias e gozar dun tempo de lecer en familia.

O programa de actividades desenvolverase os días 20, 21, 22, 28, 29 de setembro en espazos espallados por toda a cidade: Casa Azul, Teatro Principal, Praza do Teucro, Patronato de Turismo Rías Baixas, Sexto Edificio do Museo de Pontevedra e a sede social do Casino Mercantil.

Comeza a sétima edición. Benvidos/as ao Festival das Núbebes

Consultade no programa os espazos e a necesidade ou non de mercar entrada ou de pasar a recollela aínda que sexa de balde.


Programa completo

Venres 20 de setembro de 2019
Inauguración con Roque e a artista convidada: Cora Velasco

  • 18.30 h Teatro Principal
  • Teatro, monicreques e música
  • Público familiar | Entrada de balde*

Sábado 21 de setembro de 2019
Baila Roque, baila

12.15 h, 17.50 h Teatro Principal

  • Baobab Teatro
  • Contos e monicreques
  • A partir de 1 ano | Entrada 2,5 EUR*
  • Ninananas

12.00 h, 17.00 h e 18.45 h

  • Patronato de Turismo Rías Baixas
  • Mercedes Prieto
  • Obradoiro de baile e canto
  • Traede a mantiña ou almofada que usedes habitualmente co bebé
  • De 0 a 11 meses e embarazadas
  • Entrada de balde*
  • Sembrando historias

12.30 h, 17.00 h, 18.45 h Casa Azul. Sala Almofrei

  • Kamante Teatro
  • Teatro de contos xogados
  • De 2 a 6 anos | Entrada 2,5 EUR*
  • Cociñando Xunt@s

11.30 h, 17.15 h e 18.45 h

  • Casa Azul. Sala Valdecorvos
  • Asociación Down Pontevedra “Xuntos”
  • Obradoiro de cociña
  • De 3 a 6 anos | Entrada de balde*

Domingo 22 de setembro de 2019
Kenka un Kenko

12.30 h, 17.30 h e 18.45 h

  • Sede Social do Casino Mercantil
  • Cris de Caldas e Xabi do Camiño
  • Contos e música
  • De 6 meses a 4 anos | Entrada 2,5 EUR*
  • O son que me arrola

11.45 h, 17.00 h e 18.45 h Casa Azul. Sala Almofrei

  • Asociación socioeducativa Antonio Gandoy
  • Espectáculo de música (cantos de berce, lerias e enredos).
  • Traede a mantiña ou almofada que usedes habitualmente co bebé
  • De 6 meses a 3 anos | Entrada de balde*
  • Apertas de familia

12.15 h, 16.45 h e 18.30 h Patronato de Turismo Rías Baixas

  • Nieves López López
  • Obradoiro de pedagoxía do abrazo
  • De 0 a 3 anos | Entrada de balde*
  • O lobo e a lúa

12.00 h e 18.15 h Teatro Principal

  • Baobab Teatro
  • Teatro e monicreques
  • De 2 a 6 anos | Entrada 2,5 EUR*

Sábado 28 de setembro de 2019
Patapatún, tun, tun!!

11.45 h, 17.00 h e 18.15 h Casa Azul. Sala Almofrei

  • O Mago Paco
  • Espectáculo de maxia
  • De 1 a 4 anos | Entrada 2,5 EUR*
  • O sombreiro que voou

12.30 h, 17.15 h e 18.15 h Patronato de Turismo Rías Baixas

  • Asociación Amencer (Iria Ibusquiza e Ingrida Kontrimine)
  • Conto vivenciado
  • De 1 a 5 anos | Entrada de balde*
  • Caracoles

12.45 h, 17.30 h e 18.45 h Teatro Principal

  • Eugenia Manzanera
  • Espectáculo de teatro
  • De 8 meses a 4 anos | Entrada 2,5 EUR*
  • Lúa, lúa, sol

11.45 h, 16.45 h e 18.30 h Sexto Edificio. Museo de Pontevedra

  • Flauta Mágica
  • Obradoiro musical
  • De 0 a 3 anos | Entrada de balde*

Domingo 29 de setembro de 2019
Na procura do reino de Cernicornio

11.30 h, 17.00 h e 18.00 h Patronato de Turismo Rías Baixas

  • Iria Carrera
  • Obradoiro de ioga para nenos e nenas
  • De 3 a 6 anos | Entrada de balde*
  • O xogo de Nano

11.45 h, 17.00 h e 18.00 h Casa Azul. Sala Almofrei

  • Raquel Queizás
  • Contos
  • De 1 a 3 anos | Entrada 2,5 EUR*
  • Guerra de almofadas

12.30 h | Praza do Teucro

  • Cada participante (pequenos/as e grandes) deberá traer o seu coxín ou almofada
  • Público familiar
  • A Voar

13.00 h Praza do Teucro

  • Cé Orquestra pantasma
  • Espectáculo de música na rúa
  • Público familiar | Entrada de balde*
  • Concerto “Banda Moraima” e clausura con Roque

19.00 h Teatro Principal

  • Marcelo Dobode e Beatriz Martínez / Percubebés
  • Público Familiar | Entrada 2,5 EUR

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×