idealo Top Deals 728x90

Festival de Corais de Panxoliñas en Pontevedra

Fecha 9-12-2017
Hora 20:00
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Festival de Corais de Panxoliñas en Pontevedra

Un total de trece formacións participan este ano na décimo novena edición do Festival de Panxoliñas que se organiza en beneficio de Cáritas Interparroquial de Arousa. A cita está programada para este domingo a partir das seis e media da tarde no Auditorio Municipal e serán corais e formacións de toda a comarca as que contribuirán a recabar fondos para a entidade sen ánimo de lucro.
No concerto, que será presentado polo presentador da TVG Manuel Torrente, actuarán Clave de Sol de Vilariño (Cambados); Coro Infantil Parroquial Santa Eulalia de Vilagarcía; Coro Infantil Confraría de Pescadores San Martiño de O Grove; Coro Parroquial de Rubiáns; Coro Parroquial de Vilaxoán; Coral Santa María de Caleiro; Coral Santa María Adigna Portonovo; Coral Polifónica Cambados; Coral Alento Xoven Carril; Coral Rosalía de Castro de Vilagarcía; Coral Polifónica Municipal de A Illa de Arousa; Coral Cantares das Burgas de Cuntis e a Rondalla Gato Negro de Carril. A venta de entradas empezará o mesmo día da actuación, este domingo, a partir das catro e media da tarde. O prezo, totalmente solidario, será de tres euros. Tamén se habilitará unha fila cero para todos aqueles que queiran colaborar e non poidan asistir.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×