Noticias de Hoy
Captura de pantalla 2018 02 27 15.34.41 570x228
Fecha: 12/11/2019 a 28/03/2020

Exposición: Ponte do burgo. Berce, camiño e luz en Pontevedra

A exposición sobre a ponte do Burgo, desde hoxe na Pasarela de 12 de Novembro.

Boa parte da exposición “Ponte do Burgo, berce, camiño e luz”, que se espuxera en marzo no Museo de Pontevedra, será instalada hoxe na pasarela da rúa 12 de Novembro, para difundir entre a veciñanza a historia do que sen dúbida é o elemento construído máis significativo da cidade.

A versión de rúa evita lóxicamente todos os elementos orixinais (as chaves das portas da muralla, reproducións en pedra da contraportada de Santa María e algúns vestixios arqueolóxicos atopados na cabeceira sur da ponte) que contiña a súa configuración inicial por evidentes razóns de seguridade. Consta por tanto de todo o seu compoñente divulgativo, composto por un total de 26 paneis con diversos aspectos relacionados coa ponte: a súa evolución unida á da cidade, o proxecto de restauración en sí mesmo e algúns outros aspectos relacionados coa significada infraestrutura.

Outros elementos importantes da exposición, como o catálogo e o video que se realizou, poden ser consultados e descargados vía web en burgo.pontevedra.gal.

Trátase dunha produción municipal que se enmarca nas accións de cara á futura restauración da ponte, que consistirá básicamente en dotala dunha plataforma única para a circulación peonil renovando a táboa superior, a transformación da cabeceira sur nun espazo de estar, cunha nova praza arborada.

A dimensión lumínica abrangue a toda a ponte: a plataforma superior, con luces no chan e outras que parten da nova varanda metálica, e as duas “fachadas” do monumento, os dobles arcos e os tallamares, así como as icónicas cunchas que desde os anos 50 do pasado século adornan a arcada.

A exposición percorre a historia da ponte baixo unha óptica diacrónica, desde as especulacións en torno á ponte romana ate a construción da primeira versión da actual, que tivo lugar no século XII, non se sabe moi ben se sobre a “vella ponte” que deu nome á cidade ou perto dela.

Un dos elementos máis significativos da mostra é a ilustración que Pier María Baldi realizou en 1669 que se conserva na biblioteca Laurenciana de Florencia, xa que é sen dúbida a máis detallada e fermosa ilustración que nos chegou da etapa pre-fotográfica. Como homenaxe a esa ilustración da que a ponte é a protagonista absoluta, realizouse unha actualización, a través do seu coloreado e limpeza, para adaptar o aspecto orixinal (que tamén se mostra) á retina contemporánea. Ofreceráse na exposición nun panel triple de 6 metros de ancho en total. O coloreado foi realizado por Emi Ramírez.

Ademáis dun percorrido histórico pola cidade e a súa ponte, exhíbense os planos máis significativos do proxecto de reforma, a cargo dos arquitectos Javier A. Franco e Vicente Pintos e o equipo de enxeñeiros Quicler y López.

A mostra sobre a ponte do Burgo, entre o 2 e o 28 de marzo no claustro do Edificio Sarmiento do Museo

A exposición “Ponte do Burgo. Berce, camiño, luz”, que se exhibirá durante o mes de marzo no claustro superior do Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra é unha produción municipal de carácter divulgativo que persegue achegar a historia e o futuro da ponte como o elemento patrimonial máis importante da cidade.

A iniciativa enmárcase nas accións de cara á futura restauración da ponte, programada para este mesmo ano, e que consistirá básicamente en dotala dunha plataforma única para a circulación peonil renovando a táboa superior, a transformación da cabeceira sur nun espazo de estar, cunha nova praza arborada.

Unha das aportacións desta reforma da ponte é o alumeado, que se converterá en si mesmo nun espectáculo urbano. Esta dimensión lumítica abrangue a toda a ponte: a plataforma superior, con luces no chan e outras que parten da nova varanda metálica, e as duas “fachadas” do monumento, os dobles arcos e os tallamares, así como as icónicas cunchas que desde os anos 50 do pasado século adornan a arcada.

A exposición percorre a historia da ponte baixo unha óptica diacrónica, desde as especulacións en torno á ponte romana ate a construción da primeira versión da actual, que tivo lugar no século XII, non se sabe moi ben se sobre a “vella ponte” que deu nome á cidade ou perto dela.

Un dos elementos máis significativos da mostra será a ilustración que Pier María Baldi realizou en 1669 que se conserva na biblioteca Laurenciana de Florencia, xa que é sen dúbida a máis detallada e fermosa ilustración que nos chegou da etapa pre-fotográfica.

Como homenaxe a esa ilustración da que a ponte é a protagonista absoluta, realizouse unha actualización, a través do seu coloreado e limpeza, para adaptar o aspecto orixinal (que tamén se mostra) á retina contemporánea. Ofreceráse na exposición nun panel triple de 6 metros de ancho en total. A dotación de cor foi realizada por Emi Ramírez.

Ademáis dun percorrido histórico pola cidade e a súa ponte, exhíbense os planos máis significativos do proxecto de reforma, a cargo dos arquitectos Javier A. Franco e Vicente Pintos e o equipo de enxeñeiros Quicler y López.

Como recursos pedagóxicos utilizáronse cinco infografías de Xan Sabarís, montaxes de realidade virtual da empresa pontevedresa Imasv e tres ilustracións do pintor David Campos. Tamén se produciu un documental de 20 minutos e unha web. As contribucións históricas estiveron a cargo do arquiveiro municipal, Enrique Sotelo, a historiadora Marga Veiga, o director do Museo, Carlos Valle, os arqueólogos Xoan Carlos Castro e Antonio de la Peña e a filóloga Conchi Cochón. Tamén se realiza unha web, que será publicada o día da inauguración. A coordenación, deseño e redacción estivo a cargo do Gabinete de Comunicación municipal.

A montaxe da mostra consta de 15 paneis de 2×1,5 metros, así como algunhas vitrinas que incluirán elementos orixinais atopados nas escavacións arqueolóxicas. O documental exhibiráse nunha pantalla de 2 metros de ancho ubicada no hall da escalinata histórica do edificio Sarmiento.

Ademáis, edítase un catálogo de 32 páxinas tamaño A4 que será distribuido entre os visitantes.

https://www.youtube.com/watch?v=3pSkfL1LHDs&feature=emb_title