Exposición interactiva de Ana Juan en Pontevedra: Debuxando ao alén

Fecha 13-12-2018 a 24-02-2019
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Exposición interactiva de Ana Juan en Pontevedra: Debuxando ao alén.

A exposición interactiva Ana Juan, debuxando ao alén, aproxímanos ao universo creativo desta ilustradora recoñecida internacionalmente. A aplicación desenvolvida para esta mostra descúbrenos o proceso creativo de dous proxectos editoriais totalmente distintos: Otra vuelta de tuerca e Snowhite. Ademais, preséntanos en primicia Erthaland, Snowhite’s Mystery Tale, unha aventura gráfica interactiva que desenvolve actualmente co equipo UNIT Experimental. Aquí poderemos mergullarnos no primeiro capítulo desta aventura e realizar unha visita virtual á contorna en que transcorre. Así mesmo, a realidade aumentada e unha recreación animada revélannos novos puntos de vista e múltiplos detalles deste proxecto.

Horario: De martes a venres: 18:00h. a 21:00h.Sábados de 12:00h a 14:00h 18:00h a 21:00 h. Domingo e festivos de 12:00h. a 14:00h. Luns, pechado.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×