Encontro musical no Naútoco de San Vicente

Fecha 11-09-2021 a 25-09-2021
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Interritmos segue a adaptarse á actual situación das artes escénicas ao vivo, mantendo o formato de concurso na rede, seguindo as pautas da edición pasada.

Baixo o título “Sons do Rural”, este concurso organizado polos Grupos de Desenvolvemento Rural, Asociación de Desenvolvemento Local Deloa, Ribeira Sacra Courel e Salnés Ulla Umia, todos eles recoñecidos como entidades colaboradoras da Consellería de Medio Rural para a aplicación dunha Estratexia de Desenvolvemento Local na medida Leader de Galicia, cofinanciada co FEADER, no marco do PDR de Galicia 2014-2020 en virtude dos convenios formalizados o 13 de decembro de 2016 coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), fai fincapé na  importancia de desfrutar da música en directo, poren, nace o Encontro Musical, onde seis (6) finalistas nos deleitarán coas súas músicas no Náutico de San Vicente do Mar.  O  xurado presente seleccionará dúas (2) propostas que terán dereito a participar no CIRCUÍTO MUSICAL, actuando en directo nos territorios do GDR Deloa e GDR Ribeira Sacra Courel.

Así mesmo, o premio inclúe a gravación dunha peza que procederá de traballos de recollida do ámbito de actuación dos territorios de DELOA, Ribeira Sacra Caurel e/ou Salnés Ulla Umia e dun vídeo promocional, nun estudo de gravación profesional.

Poderedes participar como músicos/as, grupos e/ou bandas instrumentais e/ou vocais, de ata un máximo de 8 compoñentes, sempre que os vosos traballos versen ben, na recreación ou evolución de pezas tradicionais, ben en pezas de nova creación que beban da música de raíz, inscribíndovos na plataforma que habilitarán nesta web, desde o 25 de agosto ao 13 de setembro antes das 14.00 horas de 2021

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×