Noticias de Hoy
El Test D
Fecha: 03/11/2017
Horario: 21:00 a 21:00

El Test, en Pontevedra

El Test, en Pontevedra.

¿Que prefires? Cen mil euros agora mesmo ou un millón dentro de dez anos? Así de simple, así de difícil.

Ese é o dilema ao que se enfrontan Héctor e Paula –un matrimonio con problemas económicos- cando Toni, un bo amigo da parella, lles plantexa a opción. Trátase dun test de personalidade elaborado por Berta, a súa actual compañeira, unha psicóloga exitosa e mediática.

A decisión parece sinxela: conformarse cunha pequena fortuna ao instante ou agardar dez interminables anos para multiplicala. O que comeza sendo un suposto teórico, un simple test, irá pouco a pouco debullando a personalidade e os segredos mellor gardados dos nosos personaxes; unha opción que os obrigará a poñer prezo aos seus principios e, finalmente, empurrará aos catro a tomar unha decisión que cambiará as súas vidas. Quen sabe se para sempre…

Reparto: Luís Merlo, Itziar Atienza, Antonio Molero e Maru Valdivieso

Gañadora do premio Fray Luis de León.

 Prezo: 20€, (18€ menores, parados e xubilados) máis gastos de tramitación en Ataquilla.com. No caso de non esgotarse na venda anticipada, as entradas estarán á venda 2 horas antes do inicio do espectáculo na billeteira do auditorio.

 

el test E